Raphael David Maklouf, nado en Xerusalén o 10 de decembro de 1937, é un escultor británico de orixe palestina, coñecido por ser o autor dunha efixie de Isabel II utilizada en numerosas moedas británicas e doutros territorios da Comonwealth entre 1985 e 1997.
Traxectoria
Raphael Maklouf naceu en Xerusalén, no seo dunha familia xudía do Mandato Británico de Palestina que emigrou ao Reino Unido despois da segunda guerra mundial. Raphael Maklouf asistiu á Escola de Arte de Camberwell, en Londres, desde 1953 ata 1958, onde tivo como profesores a Karel Vogel, Richard Eurich e Gilbert Spencer, e despois converteuse en profesor de Escultura durante dez anos, entre 1958 e 1968.Chard, L. (2019). "Raphael Maklouf British Coin Engraver". Chards (Chards.co.uk). 1 de marzo."Raphael Maklouf ". Grangeparkopera (Grange Park Opera.co.uk)."Raphael Maklouf (b.1937)". Artuk.org
esquerda|miniatura|270x270px|Unha das estacións do Viacrucis da Catedral de Brentwood, creado por Maklouf.
Como escultor, é coñecido polo seu conxunto escultórico que representa as quince estacións do Viacrucis na catedral de Brentwood. Tamén creou esculturas de retrato de personaxes como a raíña Isabel II,"Elizabeth II (1926–2022). Raphael Maklouf (b. 1937)". Art.uk o príncipe Filipe de Edimburgo,"Prince Philip (1921–2021), Duke of Edinburgh. Raphael Maklouf (b. 1937)". Art.uk a política Margaret Thatcher, a actriz Joan Collins ou o futbolista Bobby Moore.
miniatura|A efixie de Isabel II creada por Maklouf, nesta ocasión nunha moeda da Illa de man.|160x160pxPor outra parte, nun certame no que 17 artistas presentaron 38 modelos, o 8 de agosto de 1984 foron seleccionados dous dos deseños propostos por Maklouf para a moeda británica, un para as pezas de circulación ordinaria e outro para as emisións conmemorativas. O seu deseño do busto diademado da raíña Isabel II —coñecido como o "terceiro retrato" da raíña— utilizouse nas moedas non só británicas, senón doutros territorios da Commonwealth desde 1985 ata 1997."Maklouf". Numista.com"Raphael Maklouf". The British Museum. As súas iniciais, RDM, están gravadas a modo de marca de gravador na base do pescozo da raíña.
En 1976, Maklouf fundou a compañía The Tower Mint Ltd., unha ceca privada sita en Londres que produce medallas, moedas para coleccionistas e artigos similares. O 1 de abril de 2017, Tower Mint converteuse na compañía cuñadora oficial das moedas da Illa de Man.Alexander, M. (2017). "Isle of Man and the Tower Mint: First-strike ceremony for a new coin and a new relationship ". Coin Update (Coinupdate.com). 13 de marzo. Tamén cuña moedas para Xibraltar e outros territorios.
En 1977 ingresou na Royal Society for the Encouragement of Arts, Manufactures and Commerce. En 1979, Maklouf foi nomeado membro asociado da Real Sociedade de Escultores Británicos. Tamén é membro da Royal Society of Arts.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Pery, J. (2018). Raphael Maklouf: Life, Art & The Making of the Mint. Halstar. ISBN 978-1906690656
Ligazóns externas Sitio web de Tower Mint Ltd.
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Xerusalén Categoría:Británicos de ascendencia xudía Categoría:Descendentes de palestinos Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores do Reino Unido Categoría:Personalidades sen imaxes