A Orquídea das barbas, Himantoglossum hircinum,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha orquídea do xénero Himantoglossum.

Descrición É unha herbácea perenne tuberosa. O talo, que pode alcanzar algo máis de 1 m de altura, é cilíndrico, de cor verde pálida e ás veces veado de púrpura. Follas, tamén pálidas ou máis escuras, oblongo elípticas a lanceoladas e moi nervadas. As inferiores (basais), despréganse erectas ou estendidas, mentres as superiores, máis pequenas, abrazan o talo. A inflorescencia é unha espiga tamén cilíndrica de menos de 50 cm de alto cuberta de pequenas brácteas verdosas ou brancas veadas de rosa. As flores esbrancuxadas a verdosas están manchadas de morado tanto exterior como interiormente. O perianto, contén sépalos e pétalos reunidos en casco, algo máis aberto no ápice. Un longo labelo de forma acintada e retorta colga cara abaixo ou, en espigas pequenas, esténdese horizontalmente. O froito é unha cápsula alargada con numerosas sementes diminutas. Unha soa planta pode producir até 30.000 sementes ao ano. Tamén se reproduce por división de tuberos ou pola formación de novos, o que leva a formar densas agrupacións ao redor da planta nai.

Florece entre os meses de xuño a xullo. O característico aroma das flores, que segundo algúns lembra ao "cheiro a cabras", podería ser unha especialización para atraer ós seus polinizadores; moscas e insectos nocturnos. Na correspondencia epistolar entre dous investigadores, a principios do século , quedou rexistrada a observación da avespa Odyneris parietum polinizando flores en Sussex. Tamén se observou a diferentes especies de abellas (Megachile maritima e Colletes cunicularis), bolboretas, libélulas e escaravellos.

Distribución e hábitat Distribúese por Europa meridional, desde o oeste de España, até o leste dos Balcáns e Hungría e África do norte occidental. Medra en prados, áreas rochosas, e bosques abertos, con preferencia de substratos calcarios.

Sinonimia

Orchis hircina (L.) Crantz 1769 Loroglossum hircinum (L.) Rich. 1817 Aceras hircinum (L.) Lindl. 1835

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas J. Claessens, J. Kleynen: European orchids - polinizadores de Himantoglossum hircinum

Categoría:Orquídeas de Galicia