miniatura|300px|Efialtes e Oto ante Ares (John Flaxman (1755 – 1826)) Na mitoloxía grega, os Alóadas foron dous xigantes, irmáns xemelgos, fillos de Ifimedia (ou Ifimedea) e Poseidón. O home de Ifimedia era Aloeo, e deu o nome de Alóadas ós seus fillos Graves di que o matrimonio con Aloeo foi posterior á relación que tivo con Poseidón (Graves, px. 153).. Ifimedia tivo tamén unha filla, Páncratis (ou Pancrátide).

Os dous irmáns eran xigantes e medraban de forma asombrosa. Cando chegaron ós 17 metros de altura As fontes clásicas concretan as súas medidas en nove cóbados de ancho e nove brazas de alto. decidiron conquistar o ceo e derrocar a Zeus. Para conseguilo, colocaron o monte Osa sobre o Olimpo, e sobre eles o monte Pelión. Tamén ameazaron con desecar os mares enchéndoos coa terra das montañas, e abrir novos mares alí onde antes estaban estas.

Efialtes pretendeu á deusa Hera e o seu irmán Oto a Ártemis. Encadearon ó deus Ares, pechándoo nunha cántara de bronce, e mantivérono preso durante 13 meses, ata que veu Hermes e liberouno, cando xa estaba extenuado.

Por todos estes actos foron castigados por Zeus. As distintas fontes varían na descrición do castigo divino. Nuns casos din que, simplemente, Zeus matounos cos seus raios ou Apolo coas súas frechas.

Outras fontes contan que Ártemis se transformou en pomba ou cerva e colocouse entre ámbolos irmáns cando estes estaban cazando na illa de Naxos, de modo que, cando estes dispararon os seus arcos contra a cerva, terminaron matándose un ó outro Esta forma de morrer cumpría a profecía que existía sobre eles de que ningún deus nin mortal os podía matar (Graves, px. 154)..

A presenza dos irmáns en Naxos explícase de dúas formas. Ártemis mandoulles unha mensaxe dicíndolles que, se abandonaban o asalto, ela entregaríase a Oto, pero Efialtes, celoso, esixiu ser o primeiro en xacer coa deusa, ó que Oto se negou. Houbo unha forte liorta entre eles e foi nese momento cando a deusa se lles interpuxo en forma de pomba. Eles dispararon as súas armas e matáronse entre si.

Pero tamén se di que foran mandados a Naxos polo seu pai Aloeo para rescatar á nai, Ifimedia, e á súa irmá, Páncratis, que foran raptadas por uns piratas.

Tamén se di que intentaron violar a Ártemis sen que esta puidese defenderse ante a súa fortaleza, e entón Apolo puxo esa cerva entre ambos.

O castigo divino polo seu comportamento continuou nos infernos, e alí foron condenados a permanecer atados eternamente a unha columna mediante unhas serpes, sobre a que está pousada unha curuxa que berra continuamente Hixino: Fábulas 28..

Pausanias (c. 115-180) describe Beocia no libro IX da súa Descrición de Grecia. E conta que na cidade de Antedón están as tumbas dos Alóadas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Graves, Robert: Los mitos griegos. Ed. Gredos, 2019, pp. 153-156. Grimal, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1ª ed. 1981, 7ª impresión 2017. Hixino: Fábulas mitológicas. Alianza editorial, 2009.

Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica. Alianza editorial 3ª ed. 2016.

Categoría:Xigantes