Susana de Braga, máis coñecida como Santa Susana, foi unha virxe e mártir cristiá que viviu durante o século III en Bracara Augusta. Ten especial devoción na cidade de Santiago de Compostela.

Historia Non existe unha biografía moi precisa para esta santa, de feito adoita existir certa confluencia con santa Susana de Roma, xa que se cre que foi decapitada durante a persecución aos cristiáns do emperador Diocleciano. As súas reliquias consérvanse na Capela das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela e adoita considerarse patroa da devandita cidade, xunto con Santiago Apóstolo. miniatura|Igrexa de Santa Susana, en Santiago de Compostela Durante o chamado pío latrocinio, nunha visita á sé bracarense en 1102, sendo bispo Xiraldo de Braga, Diego Xelmírez roubou as reliquias de santa Susana, xunto coa de san Froitoso, san Covade, san Vítor e san Silvestre. O pobo compostelán recibiunas no Milladoiro. Mentres que as demais reliquias foron situadas en cadanseu altar na catedral, as de santa Susana depositáronse na igrexa do Santo Sepulcro, mandada construír por Diego Xelmírez fóras das murallas da cidade, na actual carballeira de Santa Susana, na Alameda. Entre os séculos XVI e XVII as súas reliquias leváronse para a catedral. Unha parte das reliquias devolvéronse á sé bracarense en 1994.

Notas

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Braga Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia