O 5-deoxiinositol ou quercitol (quercitaHugo Müller. CLXV.—The occurrence of quercitol (quercite) in the leaves of chamaerops humilis Journal of the Chemical Society, Transactions. Volume 91. 1907.) é un ciclitol. Pode encontrarse en viños anellos conservados en bocois de madeira de carballo. Tamén se pode atopar en especies do xénero Quercus, por exemplo o carballo, e na Gymnema sylvestre. É diferente do composto de nome parecido quercetol, un sinónimo de quercetina.
Biosíntese A ruta de biosíntese proposta para o 5-desoxiinositol empeza coa conversión de D-glicosa en mio-inositol. Nesta vía, a D-glicosa fosorílase para formar D-glicosa-6-fosfato. O encima dependente de NAD+ inositol 1-fosfato sintase (I1PS), despois cataliza a oxidación, enolización, ciclación de aldol e redución da D-glicosa 6-fosfato para formar mio-inositol 1-fosfato. A hidrólise do grupo fosfato nesta molécula dá lugar a mio-inositol. O mio-inositol pode despois converterse en 5-desoxiinositol en tres pasos, empezando coa oxidación do mio-inositol pola inositol deshidroxenase (ID) para formar scilo-inososa. Este intermediario é despois deshidratado para formar unha dicetona. A redución desta dicetona orixina 5-desoxiinositol. Esta redución final pénsase que é catalizada por unha ou máis redutases ou deshidroxenases non identificadas.
miniatura|esquerda|550px|Biosíntese de 5-desoxiinositol
Notas
Categoría:Ciclitois