Juan José Rodríguez Andina, nado en Ribadeo en 1966, é un enxeñeiro, investigador e docente galego.
Traxectoria
Titulado pola Universidade Politécnica de Madrid en Enxeñaría industrial (Control automático e electrónica) no 1990, obtivo o doutoramento en electrónica na Universidade de Vigo no 1996.
É Profesor no Departamento de Tecnoloxía electrónica da UVigo. Conxuga ou conxugou o seu traballo con diversas outras posicións. Entre elas:
De agosto de 2010 a xuño de 2011 foi profesor visitante (en ano sabático) no Departamento de enxeñaría eléctrica e computación na Universidade Estatal de Carolina do Norte (Raleigh, NC, USA), traballando co laboratorio de Diagnose avanzada, Automatización e Control (ADAC) Entre 2015 e 2017, Profesor visitante impartindo cursos de verán no Instituto de Tecnoloxía de Harbin (Harbin, China) Vice Presidente para Conferencias do IEEE IES, 2016-2021 Co-Editor-in-Chief da IEEE Transactions on Industrial Electronics Editor-in-Chief, IEEE Industrial Electronics Magazine (2013-2015) Editor Asociado, IEEE Transactions on Industrial Informatics Editor Asociado, IEEE Open Journal of the Industrial Electronics Society Membro Senior, IEEE IES Administrative Committee (AdCom) Conxuga os seus intereses en sensores intelixentes, plataformas embebidas e implementación FPGA de sistemas complexos Nomeado Fellow no 2022, en novembro de 2023 é elixido presidente do IEEE Vida persoal
É irmán do político e profesor José Carlos Rodríguez Andina.
Premios 2017 IEEE Industrial Electronics Magazine Best Paper Award 2020 Anthony J. Hornfeck Award, IEEE Industrial Electronics Society (IES) 2023 IEEE Transactions on Industrial Electronics Outstanding Paper Award
Notas
Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes