Olivia Mathilda "Wivi" Lönn, nada en Tampere o 29 de maio de 1872 e finada en Helsinqui o 27 de decembro de 1966, foi unha arquitecta finlandesa, e a primeira do país en crear o seu propio estudio. Wivi Lönn estudou arquitectura na Universidade Politécnica de Helsinqui, graduándose en 1896. Os edificios máis destacados da carreira de Lönn foron construídos a principios do século XX. A súa etapa máis activa durou pouco máis de 15 anos, e xa a principios da década de 1930 practicamente se retirara da arquitectura en activo.

A parte central da produción de Lönn encóntrase nas cidades de Tampere e Jyväskylä. En Tampere localízanse, entre outras, a Escola Finlandesa Feminina e a Estación Central de Bombeiros. Xunto con Armas Lindgren deseñou, entre outras, a Nova Casa dos Estudantes en Helsinqui, e o Teatro Estonia en Talín. Lönn deseñou máis de 30 escolas, aínda que non todas se realizaron. Ademais das escolas deseñou varios edificios industriais, entre outros, para as fábricas de Parviainen. Considérase que os puntos fortes da obra de Lönn son a hábil distribución e o uso económico do espazo, mais arquitectonicamente non se desviou da realmente do estilo da súa época.

Traxectoria Infancia e estudos miniatura|Wivi Lönn (atrás á dereita) con estudantes de arquitectura. Na primeira fila están Torsten Montell, Eliel Saarinen e Armas Lindgren. Detrás, ao carón de Lönn encóntrase Albertina Östman. Olivia Mathilda Lönn naceu en Tampere en 1872, filla do mestre cervexeiro Emanuel Wilhelm Lönn e Johanna Maria Mathilda Sirén. Olivia era a segunda filla da familia. O seu irmán maior, Fredrik Wilhelm, nacera en 1870. Despois de Olivia naceron dúas criaturas máis, Emil Arvid no ano 1874 e Aina Maria en 1876. A familia vivía preto da fábrica de cervexa de Onkiniemi nunha vila propiedade da fábrica. Lönn lembrou mesmo con calidez a acolledora e fermosa casa da súa infancia ata a vellez.

Debido á morte do pai de Mathilda en 1888, a súa nai tivo que hacerse cargo ela soa dos seus catro fillos, e a familia tivo que facer fronte ás dificultades económicas.Suominen-Kokkonen: Suomen kansallisbiografia 6. Mathilda Lönn mudouse cos seus fillos a Amurii e mantivo á súa familia aloxando pensionistas. A nai non tiña medios para que os seus fillos cursaran ata o bacharelato, mais todos eles completaron a escola secundaria básica. Wivi Lönn recibiu o seu certificado de graduación da escola secundaria en 1891 da Escola Finlandesa Feminina de Tampere. Tardeu oito anos en completar os seis cursos da escola, probablemente por problemas de saúde, xa que a súa repetición do primeiro e o segundo curso atribuiuse a ausencias.

Na escola secundaria Lönn tivo unha excelente profesora de matemáticas, coa que aprendeu a resolver problemas matemáticos de nivel preuniversitario, e foi a mellor da súa clase en matemáticas. No último curso da secundaria Lönn comezara a empregar unha forma abreviada do seu nome, primeiro Vivi, e pouco despois Wivi. Este último converteuse máis tarde no nome que empregou como arquitecta.Kanniainen, p. 2.

En 1892 Lönn comezou a estudar construción na Escola Industrial de Tampere, onde se graduou como mestra de máquinas e de obra. Foi a segunda muller que estudou na escola. A elección profesional de Lönn posiblemente estivo influenciada polo exemplo da súa nai, unha muller forte que se gañaba a vida de xeito independente grazas a un traballo remunerado. Mathilda Lönn apoiou á súa filla a seguir unha carreira artística e a conseguir unha boa educación. Posiblemente o talento de Wivi Lönn para a arte e as matemáticas lle viñera do lado materno, xa que á familia Sirén pertencía, entre outros, o arquitecto J. S. Sirén.Kanniainen, p. 1.

En 1891 ás mulleres se lles garantizara o mesmo dereito a estudar nas escolas industriais, mais Lönn converteuse nunha especie de alumna privada. Era a única muller de entre as 14 persoas que estudaban o curso. A trataron de xeito moi protector, e non se consideraba apropiado que se sentara xunto cos estudantes varóns. Recibiu moitas ensinazas personalizadas, que lle resultaron moi beneficiosas na súa carreira profesional. Nas clases prácticas o profesor sempre estaba ao carón de Lönn, e os examens e outras probas as realizaba de xeito individual.

Lönn só completou o primeiro ano da carreira de dous anos. Era a mellor estudante do curso, e probablemente por iso o profesor principal e arquitecto Georg Schreck recomendou o seu traslado a Helsinqui para estudar no Instituto Politécnico. Lönn foi admitida como alumna extraordinaria no departamento de arquitectura do instituto en outono de 1893. Non puido ingresar como alumna regular, xa que requiría ter completado o exame de bacharelato ou ter un certificado de ter finalizado os estudos no liceo. Lönn estuudou en Helsinqui durante tres anos e graduouse como arquitecta en 1896. Non tivo que completar o primeiro ano de estudos grazas aos seus estudos de mestra de obra. Antes de Lönn só catro mulleres comezaran a estudar no departamento de arquitectura. Delas tres graduáranse antes que Lönn, que se converteu na caurta muller de Finlandia que se graduou como arquitecta.

Carreira profesional Inicios Por motivos económicos Lönn comezou a traballar no estudio do seu antigo profesor Onni Tarjanne xa antes de graduarse. No estudio de Tarjannen participou no deseño do Teatro Nacional de Finlandia. Cando se graduou traballou máis dun ano, dende xullo de 1896 ata outubro de 1897, no estudio do profesor principal de arquitectura Gustaf Nyström. Nyström axudou a Lönn na ska carreira e confioulle tarefas de grande responsabilidade.

Lönn traballaba no estudio de Nyström cando recibiu unha invitación da súa antiga escola, a escola finlandesa para nenas de Tampere, para diseñar o novo edificio da institución. Decidírase construír un novo edificio para a escola, e querían que Lönn fora a súa arquitecta. Grazas a este encargo, Lönn creou o seu propio estudio en Tampere, converténdose na primeira arquitecta independente de Finlandia. A produción principal da carreira de Lönn sitúase a principios do século XX, e a cantidade de traballo foi tanta que tivo que contratar a axudantes, das cales moitas eran mulleres, entre outras a arquitecta Hilja Gestrin traballou como debuxante. No seu mellor momento Lönn tivo seis persoas traballando traballando. Esixía moito ás persoas que traballaban para ela e cada noite revisaba persoalmente o traballo que facían. Con todo, o traballo creativo de deseño o facía sempre ela mesma.

Debido ao encargo da escola para nenas Lönn solicitou unha bolsa para realizar unha viaxe de formación. Concedéronlle a bolsa coa recomendación de Nyström, e grazas a ela puido realizar unha ampla viaxe de estudos por Europa. Nyström escribira unha carta de recomendación á Konkordia-liitto na que sinalaba que Lönn tiña boas aptitudes para a carreira de arquitecta. Lönn quería abordar o proxecto da escola feminina con coidado, e no verán de 1898 o destino principal da súa viaxe foi Escocia, que era coñecida nos países nórdicos pola súa aquitectura en granito. Lönn quedo abraiada polo deseño das escolass británicas e comezou a aplicar nos seus propios deseños o principio de agrupar os espazos escolares en torno a amplos vestíbulos abertos. A escola para nenas de Tampere representara unha ruptura coa arquitectura escolar finlandesa anterior. Lönn deseñou a aulas ao redor de espazos comúns e un vestíbulo amplo na entrada para deixar as roupas de abrigo. O propio edificio amosaba unha fase de transición na arquitectura finlandesa: a súa porta principal, que nos planos era unha porta dobre lixeira de de estilo gótico, acabou converténdose nunha pesada porta de carballo de estilo nacional-romántico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Wivi Lönn no sitio web do Museo Finlandés de Arquitectura Wivi Lönn na Biblioteca de Oulu Wivi Lönn en Uppslagsverket Finland

Categoría:Nados en Tampere Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Arquitectos de Finlandia Categoría:Arquitectos da Art Nouveau