Jorge de Vivero Pérez, nado na Coruña o 17 de xullo de 1949 e finado en Lugo o 19 de abril de 2026, tamén coñecido como Xurxo de Vivero ou Jorge Vivero, foi un escritor, xornalista, profesor, político e ecoloxista galego. Traxectoria Licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de ensino secundario, Lingua e Literatura Castelá, en Lugo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.

O seu pai foi socio fundador da Sociedade Española de Ornitoloxía e desde moi novo interesouse pola ecoloxía. Fundou o Colectivo Ecoloxista Radical e participou na fundación de CEDENAT (Colectivo Ecoloxista de Defensa da Natureza), da Asemblea de Grupos Ecoloxistas de Galicia e dos Verdes de Galicia. Participou en política desde 1987 ata 1999.

Colaborador da Revista de Obras Públicas, do semanal de El Progreso desde 1989 e da Cadena Ser.

En 2014 reclamou a propiedade da Torre de Torés.

Obra en galego Como Xurxo de Vivero

As Donas do Vento. Aves rapaces de Galicia (1989). Vigo: Xerais. 177 páxs. Ilustradores Xoán Carlos Laxe e Carlos Moreno. ISBN 9788475073873. Eses Nobres cazadores. Mamíferos carnívoros de Galicia (1990). Vigo: Xerais. 165 páxs. Ilustradores Xoán Carlos Laxe e Carlos Moreno. ISBN 84-7507-443-X. Veciños do Home. Aves urbanas de Galicia (1993). Vigo: Xerais. 301 páxs. Ilustradores Xoán Carlos Laxe e Nicolás Muñoz Toro. ISBN 9788475077307. Un ano nos Ancares (1994). Vigo: Xerais. 408 páxs. ISBN 9788475078205. Un ano no Courel (1997). Vigo: Xerais. 300 páxs. Ilustracións de Restituto López Hernández. ISBN 9788483021354

Obra en castelán Como Jorge de Vivero

Naturaleza varia (1993). Deputación provincial de Lugo. 360 páxs. ISBN 978-84-86824-41-9. Paisajes del recuerdo (2003). Ed. Tris Tram. 214 páxs. ISBN 978-84-89377-47-9. Tan animales (2006). Ed. Tris Tram. 196 páxs. ISBN 978-84-89377-64-6 Ventanas al campo (2009). Ed. Tris Tram. 207 páxs. ISBN 978-84-89377-87-5

Libros colectivos

Puertas del camino (2022). Con Pepe Tejero e Roberto Díaz. Produciones 60 Ráfagas. 232 páxs. ISBN 978-84-125661-3-0. Prólogo de José de Cora.

Premios

1992: Lucense do ano. 2018: Pregoeiro das Festas de Primavera do Páramo.

Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Ecoloxistas de Galicia