Ariel Herrero García, nado en León o 3 de xuño de 1999, é un futbolista español que xoga como dianteiro centro no Covadonga, da Segunda División RFEF.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Loyola e no Peña, antes de pasar ao Puente Castro, equipos todos do seu León natal. Durante a súa etapa como xuvenil, empezou a carreira de Pedagoxía na Universidade de Oviedo, instalándose así no Principado de Asturias, onde fichou polo Llanes, da Terceira División. Militou durante algo máis de tres anos no club asturiano, acabando na sexta posición da liga as primeiras tres tempadas e gañando a fase asturiana da Copa Federación. En novembro de 2021, poucos meses despois de iniciar a súa cuarta campaña no club verde e branco e sendo naquel momento o máximo goleador do grupo II de Terceira, fichou polo Mirandés B, da mesma categoría.

a primeira Copa Federación Autonómica da historia do club, ademais de clasificar ao equipo para a súa primeira Fase de Ascenso No verán de 2022 fichou polo Sporting de Gijón B, no que xogou durante unha campaña, disputando a súa terceira fase de ascenso consecutiva. En xuño de 2023 anunciouse a súa chegada ao Covadonga, da Segunda División RFEF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en León Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do CD Covadonga