O Ministerio de Xuventude e Infancia (MIJUI) de España é o departamento da Administración Xeral do Estado encargado da proposta e da execución da política do Goberno da Nación en materia de mocidade e de protección do menor. O departamento ten a súa sede na Casa Sindical de Madrid, sede tradicional das competencias relacionadas coa política social. Creouse en novembro de 2023, como unha escisión do entón Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Desde 2023, a súa titular é Sira Rego.
Historia O Ministerio de Xuventude e Infancia é un dos departamentos creados polo presidente do Goberno Pedro Sánchez no seu terceiro goberno. Trátase dunha escisión das competencias que até entón desempeñaba o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. Ademais de asumir o control do histórico Instituto da Xuventude, estruturouse a través dunha Secretaría de Estado de Xuventude e Infancia.
Notas
Enlaces externos
Categoría:Infancia Categoría:Ministerios de España