O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 de España, coñecido na súa creación como Ministerio de Asuntos Sociais, é o departamento da Administración Xeral do Estado ao que lle corresponde a proposta e execución da política do Goberno da Nación en materia de dereitos sociais e benestar social, de familia e da súa diversidade, de cohesión social e de atención ás persoas dependentes ou con discapacidade, así como de protección dos animais.
Igualmente tamén lle corresponde a este ministerio o impulso, o seguimento e a cooperación para a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Organización das Nacións Unidas. Por último, tamén se encarga das políticas sobre consumo, protección dos consumidores e actividades de xogo, antes adscritas ao extinto Ministerio de Consumo.
Titulares miniatura|154x154px|Pablo Bustinduy, ministro de Dereitos Sociais desde 2023. O cargo de ministro de Asuntos Sociais ou de Dereitos Sociais existiu de xeito independente en dous períodos da historia de España: o primeiro, no terceiro e cuarto goberno de Felipe González (1988-1996), e o segundo, durante o segundo e terceiro goberno de Pedro Sánchez (desde 2020).
Cinco persoas ocuparon a carteira, tres mulleres e dous home. Deles, Matilde Fernández foi quen a ostentou máis tempo, con (1988-1993).
O actual ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 é Pablo Bustinduy.
Lista de titulares ImaxeNomeMandatoPartidoPresidente do GobernoMonarcaNomeamentoCesamentoDuraciónMinistra de Asuntos Sociaisligazón=Archivo:Corona_real_española.svg|30x30pxXoán Carlos Iligazón=Archivo:Busto_de_Juan_Carlos_I_de_España_(2009).jpg|90x90pxligazón=Archivo:Matilde_Fernández_2007_(cropped).jpg|97x97pxMatilde Fernández12 de xullo de 198814 de xullo de 1993PSOEligazón=Archivo:Felipe_González_1991_(cropped).jpg|90x90px Felipe Gonzálezligazón=Archivo:Cristina_Alberdi_2016_(cropped).jpg|97x97pxCristina Alberdi14 de xullo de 19936 de maio de 1996PSOEMinistro de Dereitos Sociais e Axenda 2030ligazón=Archivo:Pablo_Iglesias_2020_(portrait).jpg|84x84pxPablo Iglesias Turrión13 de xaneiro de 202031 de marzo de 2021Podemosligazón=Archivo:Pedro_Sánchez_2023b_(cropped).jpg|90x90px Pedro Sánchezligazón=Archivo:Corona_real_española.svg|30x30pxFilipe VIligazón=Archivo:Felipe_VI_in_2020_(cropped).jpg|90x90pxligazón=Archivo:Ione_Belarra_2021_(cropped).jpg|97x97pxIone Belarra31 de marzo de 202121 de novembro de 2023Ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030ligazón=Archivo:Pablo_Bustinduy,_durante_una_entrevista_con_eldiario.es_(cropped).jpg|86x86pxPablo Bustinduy21 de novembro de 2023No cargoSumar
Véxase tamén
Lei de dependencia
Notas
Enlaces externos
Categoría:Ministerios de España