Halimedaceae é unha familia monotípica de algas, pertencente á orde Bryopsidales. Consta dun só xénero: Halimeda.
Descrición Halimeda é un xénero de algas verdes. O corpo das algas (talo), componse de segmentos calcificados de cor verde. O carbonato de calcio deposítase nos tecidos, polo que a maioría non son comestibles para os herbívoros.
Halimeda é responsable de distintivos depósitos circulares en varias partes da Gran Barreira de Coral na costa nordeste de Queensland, Australia. Halimeda fórmase no lado occidental ou de sotavento dos arrecifes de pantalla exterior onde o fluxo de auga é rica en nutrientes do mar aberto que lles permite florecer, dando lugar a extensas colonias.
O xénero é un dos exemplos mellor estudados de especies crípticas, debido á converxencia morfolóxica dentro das macroalgas mariñas.Kooistra W.H.C.F., Coppejans E.G.G. & Payri C. (2002). Molecular systematics, historical ecology, and phylogeography of Halimeda. (Bryopsidales) Molecular Phylogenetics and Evolution 24: 121–138Verbruggen H., De Clerck O., Kooistra W.H.C.F. & Coppejans E. (2005). Molecular and morphometric data pinpoint species boundaries in Halimeda section Rhipsalis (Bryopsidales, Chlorophyta). Journal of Phycology 41: 606-621Verbruggen H., De Clerck O., Schils T., Kooistra W.H.C.F. & Coppejans E. (2005). Evolution and phylogeography of Halimeda section Halimeda. Molecular Phylogenetics and Evolution 37: 789-803
O seu único xénero Halimeda ten as seguintes especies:
Especies
Halimeda copiosa Goreau et Graham Halimeda cylindracea Decaisne Halimeda discoidea Decaisne Halimeda gigas W.R.Taylor, 1950 Halimeda goreauii Halimeda gracilis Harv. Halimeda incrassata (Ellis) J.V.Lamour. Halimeda macroloba Decaisne Halimeda macrophysa Askenasy Halimeda magnidisca Noble Halimeda melanesica Valet Halimeda opuntia (L.) J.V.Lamour. Halimeda scabra Halimeda simulans Howe Halimeda taenicola Taylor Halimeda tuna (Ellis et Solander) J.V.Lamour. Halimeda velasquezii Taylor
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
AlgaeBase AlgaTerra database Index Nominum Genericorum
Categoría:Bryopsidales