Andreu Guiu Vilanova, nado en Tarragona o 3 de decembro de 1994, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Tarazona, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Comezou a súa carreira en varios clubs cataláns como o Reus Reddis, o Rapitenca ou o Ascó. En 2018 fichou polo Prat, co que logrou o ascenso á Segunda División B. Tras unha campaña na categoría de bronce co equipo de El Prat de Llobregat, pasou en 2020, á UE Llagostera, club que un ano despois cambiou a súa denominación por UE Costa Brava e máis tarde por Badalona Futur, tras fusionarse co CF Badalona. En 2023 asinou co Tarazona, da Primeira División RFEF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Nados en 1994 Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do UE Llagostera Categoría:Xogadores do CF Badalona Categoría:Xogadores da SD Tarazona