As fervenzas do Seerenbach (en ) son unhas fervenzas triplas naturais de Suíza, que se atopan no concello de Amdem, no cantón de Sankt Gallen. Atópase a 39 km de Vaduz.
Características Cun total de tres caídas, a fervenza superior ten unha altura de 50 metros, a mediana 305 metros, e a baixa unha caída de 190 metros, sumando as tres 585 metros. As caídas de auga forman un arroio que alimenta o lago de Walen.
A caída acumulada é a maior de calquera outra fervenza no país. Atendendo só á mediana, esta sería a segunda caída máis alta en Suíza despois da Fervenza do Mürrenbach con 417 metros.
O acceso a pé conta cunha ruta sinalizada. Para chegar con coche, só conta cunha estrada estreita destinada só a un vehículo con quenda rotatoria cada media hora para acceder nun sentido e despois no contrario.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Fervenzas de Suíza