miniatura|Relevo procedente dalgún retablo do século XVIII, hoxe exposto no claustro do Mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra). Serapio, nado en Londres en 1179 e finado en Alxer o 14 de novembro de 1240, foi un santo e un militar de orixe irlandesa que participou nas cruzadas ao servizo do rei Ricardo Corazón de León.https://web.archive.org/web/20090114212526/http://www.orderofmercy.org/Saints.htm#stserapion
Traxectoria Naceu en Londres no ano 1179, mais era de orixe irlandesa. Participou nas cruzadas ao servizo de Ricardo Corazón de León. De regreso viaxou a España, onde participou na Reconquista, servindo nas filas de Alfonso VIII, despois do cal coñeceu a San Pedro Nolasco e aos frades mercedarios. Ingresou na Orde da Mercé en 1222 e participou en varias redencións. Na súa última redención, quedou como parte de pago para a liberación dalgúns cativos, pero o diñeiro para o seu rescate non chegou a tempo. O 14 de novembro de 1240, baixo o reinado de Abu Muhámmad ar-Rashid, foi martirizado polos sarracenos, quen lle ataron a unha cruz en forma de aspa e arrincaron os intestinos; logo cortáronlle as extremidades. É protomártir da orde mercedaria.http://www.angelfire.com/planet/avemaria/mercy/serapion.html
Canonización e culto En 1743 foi inscrito no catálogo dos santos. A súa festividade celébrase o 14 de novembro. É considerado o patrón dos enfermos e da cidade de Azul (Buenos Aires), e a devoción a el fixo recorrente o uso do aceite que leva o seu nome, para os padecementos na zona abdominal.
Galicia En Galicia é venerado en Conxo (Santiago de Compostela). Na obra de teatro Doentes, de Roberto Vidal Bolaño, é a talla coa que carga o personaxe don Valeriano.
Notas
Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1179 Categoría:Finados en 1240