Bedhead foi unha banda estadounidense de indie rock formada en Dallas, Texas, en 1991 e activa ata 1998. Os seus membros eran Matt e Bubba Kadane (voces e guitarra), Tench Coxe (guitarra), Kris Wheat (baixo), e Trini Martinez (batería). O grupo publicou varios EPs e tres álbums de estudio a través do selo Trance Syndicate, xirando de xeito intermitente. A música de Bedhead era xeralmente suave, con tres guitarras elñectricas e un baixo sobre vov¡ces cantadas ou faladas. Allmusic bautizou ao grupo como "a banda de indie rock por excelencia", e Tiny Mix Tapes deulle ao seu último álbum Transaction de Novo unha puntuación perfecta de 5/5.

En 1999, un ano despois da disolución de Bedhead, Matt e Bubba Kadane formaron The New Year, unha banda cun estilo semellante a Bedhead's.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo WhatFunLifeWas 1994 Trance Syndicate Beheaded 1996 Trance Syndicate Transaction de Novo 1998 Trance Syndicate

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Texas Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de slowcore Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1991