Adama Boiro Boiro, nado en Dakar, o 22 de xuño de 2002, é un futbolista senegalés que xoga como extremo ou lateral esquerdo no Bilbao Athletic, da Segunda División RFEF.

Traxectoria Nacido en Dakar o 22 de xuño de 2002, deixou a capital senegalesa sendo novo, instalándose en Navarra. Alí comezou a xogar ao fútbol no San Jorge, antes de ser fichado polo Ardoi de Zizur Nagusia. En 2020 recibiu a chamada de Osasuna, que o incorporou ao seu equipo xuvenil da División de Honra, no que xogou durante dous anos. Para a tempada 2021/22 foi subido ao filial do club, o Osasuna Promesas, equipo da Segunda División RFEF. Na súa primeira campaña no equipo dirixido por Santi Castillejo disputou 24 partidos, aínda que só un deles como titular. Marcou un gol e contribuíu a que o equipo se proclamase campión e ascendese de xeito directo á Primeira División RFEF. Na súa segunda campaña comezou a aparecer no once inicial con máis frecuencia e converteuse en titular indiscutible durante a primeira metade da campaña 2023/24.

En xaneiro de 2024 o Athletic Club pagou os 2 millóns e euros da súa cláusula de rescisión e incorporou ao xogador, facéndolle ficha do filial, o Bilbao Athletic.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Dakar Categoría:Futbolistas do Senegal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic