Anna Wu, pseudónimo de Wu Shuang (chinés simplificado: 吴霜; pinyin: Wú Shuāng), nada en Xuzhou (provincia de Jiangsu) en 1986, é unha guionista profesional de cine e televisión e escritora chinesa de ciencia ficción.https://writingchinese.leeds.ac.uk/book-club/october-2022-anna-wu-吴霜/
Traxectoria Anna Wu estudou un mestrado en Literatura Chinesa.https://www.tor.com/2021/10/04/winter-came-now-spring-arrives-announcing-the-table-of-contents-for-the-way-spring-arrives/ Na actualidade, traballa para unha produtora de Shanghai especializada en películas de ciencia ficción. A súa obra foi publicada en revistas especializadas como Science Fiction World ou Galaxy's Edge. O seu guión orixinal Yunwu 云雾 ("Nubes e brétema", 2015), escrito conxuntamente con Regina Kanyu Wang, recibiu o galardón a mellor película na sexta edición dos premios Xingyun (o equivalente chinés ao Nebula). Escribiu varias coleccións de contos, como Double Life (2017). Tamén é autora de dúas novelas, Shuangsheng 双生 ("Xemelgos", 2017) e Sleepless Night. Esta última está ambientada na China antiga, nun mundo onde conviven lendarias marabillas coa ciencia moderna, nun contexto de fantasía escura. Traballou na produción da exitosa película Liulang diqiu 流浪地球 (2019), adaptación ao cine da obra homónima de Liu Cixin.
O seu relato Yuzhou jintou de canguan: Laba zhou 宇宙尽头的餐馆:腊八粥 (2014), traducido ao castelán como "El restaurante del fin del mundo: Potaje de laba" (2020), o primeiro dunha serie de historias centradas neste establecemento galáctico e o seu famoso guiso, é unha obra enmarcada no xénero mixto da ciencia fantástica.
Wu é tamén columnista gastronómica en xornais locais de Shanghai, e cita entre as súas referencias literarias a Neil Gaiman e Robert J. Sawyer.
Traducións
Wu, A. (2020). El restaurante del fin del mundo: Potaje de laba. En Liu, K. (ed.), Estrellas rotas. Tradución mediada do inglés ao castelán de María Pilar San Román. Runas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
吴霜 (La literatura china traducida en España)
Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores de ficción científica