Fraates V, máis coñecido polo seu diminutivo Fraataces, foi o rei do Imperio parto entre os anos 2 a C. 4. Era o fillo pequeno de Fraates IV. Nalgunhas moedas represéntase asociado á súa nai Musa. Subiu ao trono tras esta envelenar a Fraates IV.

Traxectoria Baixo o seu reinado tratou de romper a supremacía de Roma sobre Armenia e Media, pero cando Augusto enviou ao seu fillo adoptivo Caio César con orde de invadir Partia, Fraataces prefiriu concluír un tratado no ano 1, polo cal recoñecía, de novo, a Armenia como parte da esfera romana.

Pouco despois, sobre o ano 4, Fraataces e súa nai foron asasinados. Segundo Flavio Xosefo, Fraataces casara con súa nai, o que fora considerado inaceptable polos partos, que se rebelaron e o derrocaron, pasando logo a coroa a Orodes III.Flavio Xosefo. Antigüidades xudías: XVIII, 2.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados en 4 Categoría:Reis partos