Vera Kurtić () é unha escritora e activista feminista romaní serbia. É a autora de Džuvljarke – lezbijska egzistencija Romkinja, o primeiro libro que fala da sexualidade non heteronormativa das mulleres romanís.
Traxectoria Kurtić é da cidade de Niš. Estudou socioloxía e ciencias da comunicación na Universidade de Niš. O seu activismo está dirixido á comunidade romaní, os dereitos LGBTIQ, das mulleres e dos animais. Algunhas das súas actividades inclúen formación sobre a conciencia de xénero e o veganismo.
É membro de Ženskiprostor, unha organización serbia a prol dos dereitos das mulleres fundada en Niš en 1998, e foi a súa Coordinadora Executiva até 2019. Fundou a Rede Serbia das Mulleres Romanís e promoveu unha organización máis informal de mulleres romanís LGBT. Tamén creou a campaña Mes do Activismo das Mulleres Romanís. Até 2020 traballou no Consello de Europa como parte do programa ROMACTED.
As liñas de investigación de Kurtić inclúen a interseccionalidade de xénero, a orientación sexual e a presenza de grupos marxinalizados no espazo social. É autora do libro Džuvljarke – lezbijska egzistencija Romkinja (2013), o cal fala da discriminación que sofren as lesbianas romanís. É o primeiro libro sobre a sexualidade non heteronormativa das mulleres romanís. Kurtić ten colaborado tamén coa socióloga romaní Jelena Jovanović.
Notas
Ligazóns externas Džuvljarke – lezbijska egzistencija Romkinja en formato PDF (en inglés)
Categoría:Feminismo Categoría:Pobo xitano Categoría:Sociólogos Categoría:Escritores de Serbia Categoría:Activistas LGTB Categoría:Nados en Serbia