dereita|miniatura|Placa en homenaxe aos falecidos do barco en Pontevedra.

O Villa de Pitanxo foi un barco arrastreiro galego que afundiu nas costas de Terra Nova e Labrador (Canadá) o 15 de febreiro de 2022. No naufraxio morreron 21 persoas, e só houbo tres superviventes. O Villa de Pitanxo tiña un irmán xemelgo, o Villa Nores.

Afundimento A baliza de emerxencia do barco activouse aproximadamente ás 02:30 horas do 15 de febreiro de 2022. Ao recibir o sinal, o Centro de Coordinación de Rescate Conxunto de Halifax comezou a busca do barco e os posibles superviventes do naufraxio. O arrastreiro Playa Menduiña II foi o primeiro barco en chegar á zona do naufraxio e a súa tripulación rescatou os tres superviventes e cinco cadáveres.

O embaixador español no Canadá, Alfredo Martínez Serrano, coordinou desde Ottawa a repatriación e asistencia ás familias dos mariñeiros do pesqueiro. O traslado dos únicos tres integrantes vivos do barco e dos cinco mariñeiros falecidos realizouse dende o aeroporto Internacional de St. John's a Santiago de Compostela. Os outros doce mariñeiros non foron localizados.

Tripulantes A lista de tripulantes facilitada polos armadores é a seguinte:

Notas

Categoría:Barcos de 2004 Categoría:Naufraxios