Sara Rodríguez Fernández, nada en Carracedelo no ano 2000, é unha tradutora e escritora berciana en lingua galega, autora do primeiro Dicionario do Galego do Bierzo.

Traxectoria

Formación Os seus avós paternos son galegos (de Vigo e Ourense) e os maternos son do Bierzo, pero todos eles galegofalantes.

Como froito dun acordo entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León en vigor dende o ano 2002, que permite que o galego sexa lingua vehicular nalgunas materias de Primaria, Secundaria e Bacharelato, Sara rodríguez, puido cursar a materia "Lingua e cultura galega", no seu paso polo Instituto Bergidum Flavium de Cacabelos, entre 2012 e 2016.

Estudou o Grao de Tradución e Interpretación (español-inglés) na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e o Máster Universitario en Tradución Editorial na Universidade Internacional de Valencia.

Dicionario A idea do dicionario xorde cando estaba a buscar un tema para o seu Traballo fin de Grao. Daquela, asistiu á presentación do Dicionario do Galego de Asturias, realizado por Carlos Varela Aenlle, o que lle deu a idea e realizou o traballo completando 3 000 entradas que, posteriormente, ampliou até as 15 000 que forman o total do primeiro Dicionario do Galego do Bierzo, publicado pola Universidade de Vigo no ano 2023. O dicionario foi presentado pola autora, Héctor Silveiro e Xosé-Henrique Costas, o director do traballo do seu TFG e a persoa que a apoiou, nun acto celebrado no Museo da Radio de Ponferrada o 16 de decembro de 2023.

Notas

Categoría:Nados en Carracedelo Categoría:Nados en 2000 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Tradutores de España