Luna Górriz, nada en Barcelona o 12 de febreiro de 1999, é unha cantante hispano-cubana, máis coñecida polo seu nome artístico Luna Ki. É coñecida por participar no Benidorm Fest 2022, así como polo seu activismo no campo dos dereitos LGBT e da saúde mental.https://es.vida-estilo.yahoo.com/estilo-surrealista-luna-ki-tiene-termino-medio-123925099.html Traxectoria Tras cursar o bacharelato na Escola Massana e sete anos no Conservatorio do Liceu, en setembro de 2018 marchou a Madrid para formarse na moda, pero ao cabo dun tempo abandonou os seus estudos. Motivada pola morte por sobredose do seu ídolo Lil Peep en 2017, decidiu lanzarse ao mundo da música. Nese momento, vivía nun soto con Khaled do grupo español Pxxr Gvng nunha mala situación económica e tocaba na discoteca Inferno.https://www.elmundo.es/cultura/musica/2022/01/14/61e0091ae4d4d824048b45ff.html Así, en 2019 saltou á fama co sinxelo "Septiembre" do seu EP debut.
Aínda que se clasificou para o Benidorm Fest en 2022 coa canción "Voy a morir", retirouse da competición uns días antes porque as regras de Eurovisión prohibían o uso do autotune.https://www.elmundo.es/cultura/musica/2022/01/14/61e0091ae4d4d824048b45ff.html Nese mesmo ano publica o disco CL34N e participa no Barcelona Pride acompañada de Javiera Mena, La Zowi, WRS ou Marta Sango, entre outros.https://web.archive.org/web/20221126145821/https://www.elpuntavui.cat/societat/article/5-societat/2144864-el-pride-barcelona-del-2022-aposta-per-la-visibilitat-lesbica.html
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1999 Categoría:Cantantes de Cataluña Categoría:Persoas non binarias