Os Incríveis é unha banda brasileira da tendencia do rock, surf music e twist con letras en portugués formada orixinalmente por tres paulistanos Domingos Orlando (Mingo), Waldemar Mozena (Risonho) e Demerval Teixeira Rodrigues (Neno) e o vigués Antônio Rosas Sanches (Manito)www.dicionariompb.com.br/manito/biografia

Fundada en 1962 co nome inicial dos The Clevers, e cunha fase de 10 meses en 1964 rebautizados en castelán como Los Increibles cando foron contratados por Francisco Teixeira para actuar na Televisión Arxentina, para o cal prepararon letras en español. Ao remate dos 10 meses voltan ao Brasil como Os Incríveis e participan da estrea do programa Jovem Guarda da TV Record con Roberto Carlos, Erasmo Carlos e Wanderléa. En 1966, asinan un contrato coa TV Excelsior para comandar, nas tardes de domingo, o programa Os Incríveis. En 1967, móvense para a TV Tupi co seu programa propio, e Os Incríveis tórnase líder de audiencia nacional, chegando a rodar un filme ao final dese ano - Os Incríveis Neste Mundo Louco - dirixido por Brancato Júnior.

Traxectoria Na súa volta da Arxentina o grupo competía xa en popularidade con outras bandas de twist, como os The Fevers e Renato e Seus Blue Caps, bandas que tamén aparecían no popular programa televisivo do Jovem Guarda nos sesenta.

Tras oito discos de estudo na discográfica RCA, entre 1967 e 1979, Domingos Orlando (Mingo) pivotou as composicións da banda a un estilo máis próximo ao pop de baile italiano dos setenta.

Ao final dos setenta a banda xa foi capaz de mesturar o rock progresivo e a psicodelia (con influencias citadas como Ronnie Von) o Forró (en cancións como Sem Vergonheira) o Samba-Rock (Vendedor de Bananas) e até a Bossa Nova (Estrada do Sol). Até mesmo cancións puramente instrumentais con guitarra e o son do habilidoso saxofonista vigués Manito.

A partir dos oitenta a banda muda de integrantes case por completo mais séguense celebrando reunións e concertos homenaxe coas cancións orixinais durante, 2003, 2005 ou 2010, cun disco novo en 2018. A banda non se disolveu ata o día de hoxe.

Discografía Álbums de estudo

Como The Clevers 1963 - Encontro com The Clevers (Twist) (Continental) 1964 - Os Incriveis (Continental) 1964 - Os Incriveis Vol. 2 (Continental) 1965 - Dançando com The Clevers - Os Incríveis Vol. 3 (Continental)

Como Os Incríveis 1965 - Los Increíbles (CBS Argentina) 1966 - Os Incríveis (Continental) 1967 - Para os Jovens Que Amam os Beatles, Rolling Stones e... Os Incríveis (RCA) 1968 - Os Incríveis Internacionais (RCA) 1969 - Os Incríveis (RCA) 1970 - Os Incríveis (RCA) 1971 - 1910 (RCA) 1973 - Mingo, Nenê e Risonho (RCA) 1975 - Isso É a Felicidade (RCA) 1979 - Os Sucessos das Paradas (RCA) 1981 - Os Incríveis (RCA) 2018 - A Paz É Possível (Discobertas)

Álbums ao vivo 2001 - Ao Vivo (Continental East West) 2015 - Netinho Comemora 50 Anos de Os Incríveis (Ao Vivo) (Eldorado)

Banda Sonora 1967 - Os Incriveis Neste Mundo Louco (Continental)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Paz e amor

Categoría:Grupos musicais do Brasil Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 1962