O municipio de Iecava (en letón, Iecavas novads) foi un municipio de Letonia, pertencente á rexión histórica de Zemgale, situado no centro no país, a un 45 quilómetros ao sur de Riga.
No 1 de xullo de 2021, baixo lexislatura de reordenación territorial aprobada pola Saeima foi fusionado dentro do Municipio de Bauska, pasando a obter o rango de parroquia de Iecava, co mesmo territorio pero agora dentro de Bauska.
A súa capital é a cidade de Iecava. As súas vilas máis destacadas son : Audrupi, Dimzukalns, Dzelzāmurs, Dzimtmisa, Iecava, Rosme, Vanči, Zālīte, Ziemeļi e Zorģi.
Poboación e territorio A superficie da parroquia de Iecava é de 312,1 km² e antes da reordenación, como municipio propio, en 2009, tiña unha poboación de 9845 habitantes .
No territorio da actual parroquia de Iecava, pódese atopar o Pazo Brant ou Zālīte, o pazo Dzimtmisa (en alemán:Gut Mißhof), o Pazo Granteles, o Pazo Grünwalde, o pazo Lielpidriķu, o pazo Lieliecava e o pazo Podu.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Organización territorial de Letonia Rexións de Letonia
Ligazóns externas Relación: Información do Concello .
Iecava