Antonio Vilar Pereira, nado en Regoela (Cabanas) o 20 de agosto de 1920 e finado no mesmo concello o 25 de novembro de 2004, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte co seu irmán Higinio cara a 1938 para non ter que ir á guerra. Foi membro do grupo de José Vázquez Mauriz. En febreiro de 1946 salvou a vida no enfrontamento no que caeu Ramiro Carbón Fornos. O 13 de decembro dese ano logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros 21 guerrilleiros na evasión do Santa Teresa. Regresou a España en 1982. Finou en Cabanas o 25 de novembro de 2004.La Voz de Galicia, 26-11-2005, p. 50.

Vida persoal

Casou con María del Carmen Arnoso Anca en 1955, e foi pai de Justo Vilar Arnoso. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Exilio galego

Categoría:Nados en Cabanas

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2004