1 centavo de 1909-S VDB "1909-S VDB Lincoln Cent". Lincolncents.net"1 Cent "Lincoln - Wheat Ears Reverse"". Numista.com260x260pxA/: Retrato de Abraham Lincoln cara á dereita. Marca de ceca (S) e data. Lendas: IN GOD WE TRUST / LIBERTY.R/: Dúas espigas de trigo rodeando as lendas. Marca do gravador (V.D.B) non exergo. Lendas: E PLURUBUS UNUM / ONE CENT / UNITED STATES OF AMERICA Datas: 1909. Ceca e marca: San Francisco (S). Gravador: Victor David Brenner. Aliaxe: bronce (95 % Cu, 2,5 % Sn, 2,5 % Zn). Diámetro: 19,05 mm. Peso: 3,11 g. Espesor: 1,40 mm. Canto: liso. A moeda dun centavo de dólar de 1909-S VDB é unha moeda estadounidense dese valor facial cuñada en 1909 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos na Ceca de San Francisco. Trátase dunha emisión cunha escasa tiraxe, que se caracteriza por amosar no exergo do seu reverso as iniciais do seu deseñador e gravador, o escultor de orixe lituana Victor David Brenner (V.D.B.).
O centavo Lincoln foi o substituto do anterior modelo, o centavo Indian Head, e foi a primeira moeda de uso ordinario dos Estados Unidos na que aparecía unha persoa real. Inmediatamente á súa posta en circulación en 1909, enfrontouse á controversia pola pouco habitual inclusión das iniciais do artista encargado do seu gravado, que resultaban moi visibles, o que motivou que a US Mint detivese a súa produción.
A cuñaxe do centavo Lincoln retomouse no mesmo 1909 con este primeiro modelo, aínda que xa sen a presenza das iniciais do gravador no reverso, e continuou ata 1958, cando o deseño do reverso foi cambiado por outro creado por Frank Gasparro.
Historia
O presidente estadounidense Theodore Roosevelt ordenou o novo deseño da moeda dun centavo coa cabeza de Abraham Lincoln para o honrar como salvador da Unión. As moedas debían entrar en circulación coincidindo co centenario do nacemento de Lincoln, o 12 de febreiro de 1909, mais a data do lanzamento tivo que demorarse para engadir nos cuños a prescritiva inscrición IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos"), que se omitira no proxecto orixinal, e finalmente a moeda entrou en circulación o 2 de agosto dese mesmo ano."In God We Trust" On Cent". En The Daily Republican. 17 de xuño de 1909. Páxina 6.
Mais poucos días despois, o 6 de agosto, cesou a súa produción para poder eliminar dos cuños as iniciais de Brenner (V.D.B.), cuxa presenza fora obxecto de severas críticas. As dúas cecas encargadas da cuñaxe do centavo Lincoln foran durante este primeiro ano a Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca) e a Ceca de San Francisco (marca de ceca S)."Mint Marks". United States Mint (USMint.gov). En Filadelfia chegáranse a producir, antes da parada, 27.995.000 moedas dun centavo con V.D.B., mais en San Francisco só 484.000 exemplares, o que converteu esta variedade na máis rara de toda a serie do centavo Lincoln."Lincoln Cent Mintages". Lincolncents.net A entidade de clasificación Professional Coin Grading Service estima que desta última se conservan arredor de 50.000 exemplares.McMorrow-Hernandez, J. (2020).
Cando a poboación tivo coñecemento de que se detivera a produción da moeda, producíronse longas colas para conseguir algún dos exemplares xa cuñados, xa que a xente supuxo que se converterían en pezas cotizadas pola súa rareza, que se poderían revender despois con notables beneficios aos coleccionistas.
Controversia
Críticas á presenza das iniciais A marca de gravador que Brenner colocara no exergo do reverso, consistente nas súas iniciais V.D.B., convertéronse axiña nunha fonte de controversia. A tarde do 2 de agosto de 1909 o xornal The Washington Star preguntou publicamente ao Tesouro acerca da presenza destas iniciais e noutros xornais apareceron declaracións de responsables non identificados da Ceca de Filadelfia que afirmaban que as moedas eran ilegais por mor destas iniciais, que se poderían considerar como publicidade.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 54-58. O 5 de agosto, o secretario MacVeagh ordenou que se suspendese a produción do centavo ata que a moeda puidese ser producida só cun pequeno "B" (de Brenner) nun lugar discreto da moeda.Taxay, D. (1983) . Páxina 337. No entanto, aínda que a simple eliminación das iniciais e a cuñaxe das novas moedas sen elas provocaría un atraso de só tres días no proceso de produción, a inserción da nova marca "B" implicaría unha demora de ata 14 días. Ante isto, o subsecretario do Tesouro, Eliot Norton, logo de se reunir co gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Charles E. Barber, ordenou que as moedas se cuñasen sen inicial ningunha.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 59-60.
O avogado do Departamento do Tesouro Maurice O'Connell sostivo que a inclusión das iniciais non constituía un cambio de deseño, que só podería terse producido esperando a que a moeda estivese 25 anos en circulación ou obtendo o permiso do Congreso.Burdette, R. W. (2007). Páxina 61. Barber tamén se opuxo a que se mantivese unha única inicial "B", ao temer que, como o propio Barber xa utilizara en moedas súas esa mesma inicial, o novo centavo se considerase obra súa e, segundo o subsecretario Norton, "non está disposto a que se considere responsable do centavo Lincoln, ao que sempre se opuxo e que non considera unha moeda de éxito"."VDB initials quietly return in 1918". Numismatic News. 7 de xaneio de 2919. Como era esperable, Brenner si que se opuxo á eliminación das súas iniciais, aínda que as súas protestas resultaron infrutuosas. O 12 de agosto de 1909 comezou a produción dos centavos sen as iniciais.Bowers, Q. D. (2008). Páxina 28.
O 6 de agosto de 1909, The Evening Chronicle, de Charlotte, Carolina do Norte, informou de que as moedas dun centavo xa cuñadas coas iniciais serían retiradas e de que "o Departamento do Tesouro xa puxo en marcha roldas de recadación para recoller as moedas emitidas e retiralas da circulación". Tamén se informou de que en Filadelfia se cuñara unha "cantidade limitada" de moedas dun centavo e non se fabricarían máis."Lincoln Pennies to be Withdrawn". En The Evening Chronicle. 6 de agosto de 1909. Páxina 7.
O historiador numismático Roger Burdette suxire que se o secretario do Tesouro MacVeagh tivese máis experiencia no seu traballo se tería ocupado menos pola presenza das iniciais no centavo. Augustus Saint-Gaudens xa asinara anteriormente no anverso da moeda de ouro de 20 dólares, e tamén o deseño de George T. Morgan para o dólar Morgan incluía un "M" como marca a ambos os lados da moeda.Burdette, R. W. (2007). Páxina 61. De feito, o propio artista, Brenner, declarou a The Washington Post que cando o secretario MacVeagh aceptara o deseño, os primeiros cuños levaban non só as súas iniciais, senón o seu nome completo."V.D.B. Cent Doomed". En The Washington Post. 6 de agosto de 1909. Páxina 20.
En 1918, as iniciais de Brenner foron restauradas na moeda, aínda que nun tamaño moito máis pequeno e colocadas no truncamento do ombreiro de Lincoln, na parte inferior do anverso.Taxay, D. (1983) . Páxina 338."Historic Origins and Values of the Wheat Penny: Bullion Shark". En Coin Week. 1 de setembro de 2020.
Especulación miniatura|301x301px|Colas de público para facerse co centavo Lincoln fronte á delegación do Tesouro en Nova York (2 de agosto de 1909)."Crowd in line at Sub-Treasury Bldg, for "Lincoln Cents", New York". Library of the Congress. Logo de se coñecer a noticia dos cambios na moeda dun centavo Lincoln o 5 de agosto de 1909, o St. Louis Post-Dispatch informou de que se producira unha grande axitación en Nova York, xa que a xente ía na procura dalgunha das moedas xa cuñadas, coa esperanza de poderllas vender posteriormente a coleccionistas a prezos superiores, xa que se rumoreaba que o novo centavo ía ser retirado. Os primeiros en lanzarse a polas moedas foron os repartidores de xornais. Ao pouco tempo, os novos centavos revendíanse xa por 25 centavos."Newsboys Raid Wall Street by Cornering Coins". En St. Louis Post-Dispatch. 5 de agosto 1909. Páxina 7. O 12 de agosto, o Alabama Times, de Montgomery, Alabama, afirmaba que había unha gran demanda de moedas dun centavo despois de que a xente se decatase de que esta podería ser retirado da circulación. O Lowery Bank fora o único banco que recibira as moedas dun centavo e as distribuíra todas a unha longa cola de xente."2,000 Pennies Paid Out Friday in Atlanta". En Alabama Times. 12 de agosto de 1909. Páxina 8. Axiña chegaron noticias a Nova York de que a Casa da Moeda tiña aínda millóns de exemplares almacenados e que o deseño non sería retirado. A nova información fixo que o prezo baixase progresivamente de 25 centavos a 20, logo a 15, a 10, a 5 e, finalmente, ao seu valor facial.
O 11 de agosto de 1909, a compañía W. Lewis publicou un gran anuncio en The Champaign Daily, de Champaign, Illinois, no que informaba de que tiña 1.000 das novas moedas dun centavo Lincoln que eran "particularmente apreciadas como pezas de peto e como recordo", e que as regalaría como agasallo coas compras."1000 New Lincoln Pennies to Be Given Away Friday". En The Champaign Daily Gazette. 11 de agosto de 1909. Páxina 10. O 13 de agosto, en York, Pensilvania, a compañía Luria Rag publicou outro anuncio en The York Dispatch no que indicaba que regalarían moedas dun centavo Lincoln de 1909 á clientela que comprase zapatos ou botas de goma durante dez días."New Lincoln Pennies Given Away". En The York Dispatch. 13 de agosto de 1909. Páxina 1. O 14 de agosto, un anunciante do Evansville Courier, de Evansville, Indiana, afirmaba: "Dado que estas moedas dun centavo poden ser retiradas da circulación, vanse converter inmediatamente en valiosos recordos"."Lincoln Pennies". En Evansville Courier and Press. 14 de agosto de 1909. Páxina 6. No Pottsville Daily Republican, de Pottsville, Pensilvania, do 24 de setembro de 1909, un establecemento publicou un anuncio no que se informaba de que a clientela recibiría moedas dun centavo novos por comprar con centavos dos anteriores."New Lincoln Pennies". En Republican and Herald. 24 de setembro de 1909. Páxina 1.
Aínda que se cuñaran máis de 28 millóns das moedas, un anunciante de Knoxville, Tennessee, afirmou que sería unha moeda rara e estraña. "A Lincoln Penny For You". En Knoxville Sentinel. 9 de outubro de 1909. Páxina 12. O 2 de novembro de 1909, o Tesouro dos Estados Unidos. anunciou que todas as moedas dun centavo cuñadas coas iniciais V.D.B. cuñadas en 1909 foran postas en circulación e estaban ao dispor da poboación."Washington". En The Independent-Record. 2 de novembro de 1909. Páxina 7.
Coleccionismo miniatura|Un espécime da moeda encapsulado e autenticado por PCGS. O centavo Lincoln de 1909 pesa 3,11 gramos e ten un diámetro de 19 milímetros, cun canto liso. A composición da súa aliaxe é do 95 % de cobre, 2,5 % de estaño e outro 2,5 de cinc."Composition and Specifications". Lincolncents.net
O investigador Joshua McMorrow-Hernández, nun artigo publicado por Professional Coin Grading Service (PCGS), declarou que o centavo Lincoln 1909-S VDB fora considerado durante moito tempo "o Santo Graal" no coleccionismo de moedas dun centavo, e os coleccionistas consideraron que esta moeda é "o rei dos centavos Lincoln".McMorrow-Hernandez, J. (2021). "The 1926-S Lincoln Cent Is Rarer Than The 1909-S VDB? Let’s Explain…". Professional Coin Grading Services. 31 de agosto. Sen dúbida, trátase dunha data clave para o coleccionismo da serie de centavos Lincoln por mor da súa baixa tiraxe, de só 484.000 unidades."1909 Lincoln V.D.B. Cent ". En CoinNews.net
A US Mint tamén produciu 27.995.000 exemplares de centavos Lincoln de 1909 (sen marca de ceca) nas súas instalacións de Filadelfia.
En 2019, a compañía de poxas numismáticas Heritage Auctions vendeu un exemplar do centavo 1909-S VDB clasificado como MS67 —é dicir, sen sinais de ter circulado— por 50.400 dólares.Zielke, C. (2019). "$50,400 Buys 1909-S VDB Cent". En Numismatic News. 6 de xuño.