Maria Paola Gramegna, nada en Tortona o 11 de maio de 1887 e finada en Avezzano o 13 de xaneiro de 1915, foi unha matemática italiana.

Traxectoria

Alumna de Giuseppe Peano, o seu traballo con Peano sobre sistemas de ecuacións diferenciais lineais citouse como un fito importante na historia da análise funcional e a súa transición do traballo con matrices concretas a formulacións máis abstractas e independentes das bases do álxebra lineal. Despois de converterse en mestra de escola, morreu no terremoto de Avezzano de 1915. Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Turín

Categoría:Matemáticos de Italia Categoría:Finados en 1915 Categoría:Nados en 1887 Categoría:Personalidades sen imaxes