O río San Francisco ou río Vicachá é un curso fluvial que atravesa a sabana de Bogotá de leste a oeste, e que está estreitamente relacionado coa historia da cidade. Este río marcaba o límite norte da Bogotá durante a época colonial. Nace no páramo de Cruz VerdeHistoria de Bogotá — Siglo XX, páx. 96. e baixa dende o cerro de Monserrate. Ao chegar á cidade é canalizado. Na actual avenida Jiménez coa rúa Sexta conflúe por baixo da terra co río San Agustín.

Historia Orixinalmente era coñecido polos pobos indíxenas que habitaban a sabana de Bogotá como río Vicachá que significa "O resplandor da noite".Íbid. Era o río máis caudaloso da rexión e durante os seus primeiros séculos, abasteceu de auga a toda a cidade, servindo o seu curso como límite sur á xurisdición da parroquia de Las Nieves.

Co estabelecemento da comunidade relixiosa franciscana en 1550 e a construción da igrexa de San Francisco na ribeira norte, o río Vicachá adoptaría o nome de San Francisco.

Durante a década de 1930 o río foi canalizado e no seu lugar estabeleceuse a Avenida Jiménez.Íbid. Entre 1999 e 2001 construíuse o Eixo Ambiental recuperando un anaco do seu trazado orixinal.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía VV. AA., director Fabio Puyo Vasco, Historia de Bogotá Tomo III - Siglo XX, Bogotá, 2007. ISBN 9789588293318.

Categoría:Ríos de Colombia