Unha amizade para sempre (en versión orixinal en ; Palma), é un filme dramático ruso de aventuras infantil de 2021 dirixido por Aleksandr Domogarov Jr.. Baseáse en feitos reais que tiveron lugar en 1974-1976 no aeroporto internacional de Vnukovo en Moscova.

Estreouse nos cinemas o 18 de marzo de 2021 por Central Partnership e na Televisión de Galicia, dobrada ao galego, o 2 de xaneiro de 2023.

Sinopse Na década de 1970, na Unión Soviética, o propietario dun can chamado Palma, de raza pastor alemán, voa ao estranxeiro. Pero Palma escóndese no aeroporto e agarda polo seu dono. Coñece a un neno chamado Kolya Lazarev, que perdeu a súa nai, e fanse mellores amigos.

Elenco Viktor Dobronravov como Vyacheslav Lazarev, un comandante piloto de avións. Liliya (Pastor alemán) como Palma Leonid Basov como o neno Kolya Lazarev Vladimir Ilyin como Sergey Tikhonov, técnico aeroportuario, pai de Nina Tikhonova Valeriya Fedorovich como Nina Tikhonova, persoal a bordo, filla de Sergey Tikhonov Evgeniya Dmitrieva como Lyubov Zhurina, xefe do esquadrón de voo da OJSC “Aeroflot Soviética” Igor Khripunov como Evgeny Golikov, xefe do Servizo de Seguridade Soviético Pavel Maykov como Georgy Krasilov, copiloto Vladimir Simonov como Ivan Lysko Yan Tsapnik como Igor Polsky, dono da pastora Palma Filipp Savinkov como Kravchenko, comisario de a bordo Darya Luzina como Anna, comisaria de a bordo Elena Anisimova como Raisa Semenovna Bain Bovaldinov como o policía Fedya

Notas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Rusia Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes ambientados na Unión Soviética Categoría:Filmes rodados en Moscova Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego