Claudine Gay, nada en Nova York o 4 de agosto de 1970, é unha politicóloga e profesora que foi a trixésima presidenta da Universidade Harvard.

Traxectoria En 2023 converteuse na primeira presidenta afroamericana da universidade, 368 anos despois da súa fundación. Antes de converterse en presidenta da universidade, actuou como decana da familia Edgerley da Facultade de Artes e Ciencias de Harvard e como profesora Wilbur A. Cowett de estudos gobernamentais e afroamericanos. A investigación de Gay aborda o comportamento político estadounidense, incluíndo a participación electoral e a política de raza e identidade.

En xaneiro de 2024, dimitiu como reitora por acusacións de plaxio e declaracións consideradas antisemitas, no contexto do conflito israelí-palestino en 2023.

Notas

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Personalidades sen imaxes