Hilda Cathy Heine, nada en Majuro o 6 de abril de 1951, é unha educadora e política das Illas Marshall que ocupa a presidencia do seu país dende o 3 de xaneiro de 2024. Anteriormente xa ocupara o cargo entre os anos 2016 e 2020. Antes de ser elixida presidenta, foi tamén ministra de educación.
Traxectoria Foi a primeira cidadá das Illas Marshall en obter un título de doutoramento, e fundou o grupo polos dereitos das mulleres Women United Together Marshall Islands (WUTMI).
Heine é a primeira muller que ocupa a presidencia das Illas Marshall. Tamén é a primeira muller presidenta da calquera país de Micronesia e a quinta en ser xefa do goberno nunha nación independente de Oceanía (despois de Jenny Shipley, Helen Clark e Jacinda Ardern de Nova Zelandia e Julia Gillard de Australia).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Presidente das Illas Marshall
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Majuro Categoría:Presidentes das Illas Marshall Categoría:Alumnos da Universidade de Oregón Categoría:Alumnos da Universidade de California do Sur