Zinthia Álvarez Palomino, nada en Maracaibo (Venezuela) en 1988 é unha xornalista, escritora, integradora social e mediadora intercultural afrodescendente residente en Sada (A Coruña). Impulsou o proxecto educativo Mujeres Negras que cambiaron el Mundo.
Traxectoria Converteuse en xornalista e integradora social, formándose tamén en mediación intercultural e dinamización comunitaria.
Foi unha das cofundadoras de Afrogalegas, un colectivo que trata de impulsar a visibilidade e recoñecemento ás mulleres africanas e afrodescendientes. Ademais, como activista dos dereitos humanos das persoas afrodescendientes participou en diversos congresos nacionais e internacionais. Formou parte do VIII Encuentro Cultura y Cidadanía promovido polo Ministerio de Cultura e Deporte.
En 2019, publicou o libro Mujeres negras en la ciencia, ilustrado por Nina Sefcik. Este libro, orientado a un público infantil e xuvenil, busca dar visibilidade ás achegas que realizaron mulleres negras e/ou afrodescendentes á historia universal. Foi traducido ao catalán pola Editorial Wanafrica.
Álvarez Palomino foi a impulsora do proxecto educativo Mujeres negras que cambiaron el mundo, que busca fomentar a representación respectuosa da muller africana e afrodescendiente a través da literatura e da programación de actividades como talleres e charlas.
Recoñecementos En 2019, a Domus organizou unha exposición baseada no libro de Álvarez Palomino, Mulleres negras na ciencia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Desirée Bela-Lobedde Artemisa Semedo
Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Maracaibo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1988 Categoría:Activistas LGBT de Galicia