Miklós Vitéz Horthy de Nagybánya, nado en Kenderes, Hungría o 18 de xuño de 1868 e finado o 9 de febreiro de 1957 en Estoril, Portugal, foi un líder político húngaro.

Traxectoria Horthy foi o Rexente de Hungría no período de entreguerra e durante a maior parte do tempo da segunda guerra mundial. Serviu de marzo de 1920 a outubro de 1944. Comandou a Frota do Imperio Austro-Húngaro durante a primeira guerra mundial e escribiu as súas experiencias e memorias.

Despois de que Béla Kun dominara a Hungría, o goberno contrarrevolucionario colocou a Horthy no comando das súas forzas, co consentimento da Tripla as forzas romanesas invadiron Hungría e depuxeron a Kun. Horthy asumiu o poder trala saída das tropas de Budapest en novembro de 1919, e un ano despois foi nomeado rexente e cabeza do estado.

Véxase tamén Outros artigos Intentos de restauración de Carlos de Habsburgo

Categoría:Presidentes de Hungría Categoría:Militares de Hungría Categoría:Nados en 1868 Categoría:Nados no condado de Jász-Nagykun-Szolnok‎ Categoría:Finados en 1957