dereita|miniatura|O buque Toconao en Fremantle en 2020.
A vertedura de granulado de plástico na costa de Galicia tivo lugar logo de que o 8 de decembro de 2023 o buque Toconao, de bandeira de Liberia, perdese varios contedores fronte á costa de Portugal. Un deles contiña granulado, pequenas bólas de plástico utilizadas como materia prima para a fabricación de produtos plásticos, que chegaron á costa galega desde as Rías Baixas ata a Mariña de Lugo. A situación agravouse pola dificultade para retirar estes residuos debido ao seu pequeno tamaño e lixeireza, o que complicou enormemente os labores de limpeza.
A resposta das autoridades a esta crise foi obxecto de críticas. Organizacións locais como Noia Limpa e grupos ecoloxistas como ADEGA denunciaron a falta de acción efectiva por parte da Xunta de Galicia que estaba informada de situación desde un mes antes. Ademais dos problemas medioambientais, esta contaminación representa unha ameaza significativa para a economía local, que depende en gran medida da pesca e a acuicultura. O granulado, polo seu tamaño, pode ser inxerido pola fauna mariña, o que aumenta o risco dunha maior contaminación biolóxica e pon en perigo a biodiversidade e os recursos mariños da rexión.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Granulado plástico Contaminación por gránulos de plástico Microplásticos Toconao
Categoría:2024 en Galicia Categoría:2023 en Galicia Categoría:Catástrofes ecolóxicas Categoría:Desastres naturais en España Categoría:Contaminación acuática Categoría:Contaminación do solo