A Academia Platónica de Florencia (en italiano, Accademia Platonica di Firenze) foi un grupo de discusión informalBurke (1993), p. 80Hale (2016), p. 139 que se formou, en 1462, ao redor de Marsilio Ficino na Florencia no Renacemento do século XVI,Cronin (1992) baixo o patronado de Cosme de Médici. Nos primeiros momentos, ocupouse a Villa le Fontanelle e, posteriormente, ampliouse á máis coñecida Vila Médici de Careggi.

No seus comezos, non era máis que un xeito de tertulia de amigos e eruditos reunidos pola familia Médici que debatían de temas literarios e traducían textos clásicos mais, posteriormente, foi imitada por moitas cidades de Italia e por diversas nacións europeas.

Historia En 1432, Cosme de Medici, un comerciante que encabezada a familia máis importante de Florencia renacentista accedeu ao poder da República. A seguir, estableceu un mecenado nas artes que foi fundamental no establecemento do Renacemento. Contra o 1462, Cosme de Medici, pouco antes de morrer estableceu a un mozo Marsilio Ficino en Montevecchio e despois, en 1463, lle cedeu a súa propia Villa de Careggi na campiña florentinaHibbert (1979), p. 69 para que Ficino establecese a súa AcademiaDella Torre (1902), p. IX en honor da Academia establecida por Platon no 387 a. C.

Alí Ficino, quen era un ardente neoplatónico, adicouse a estudar a Grecia antiga e a traballar traducindo os libros de Platón ó latín .

Comezou comentanto o Banquete de Platón (De amore, 1469), e escribiu unha teoloxía platónica en oposición ós aristotélicos (1482), traduciu o resto das obras de Platón ao latín (1484) e a Plotino (1486); e tamén as de Porfirio, Jámblico, Dionisio o Areópago e Hermes Trismegistus.

A Academia Ficino converteuse na figura central dun conxunto de persoas interesadas no seu traballo, que tanto se escribían como se reunían para discusións intelectuais sobre as obras de Platón ben en Montevecchio ben en Careggi Hankins (1991), p. 431 ou, mesmo, na propia Florencia.Hankins (1991), p. 458 Porén, nunca foi un grupo organizado, nin tiveron estatutos nin se gardaron rexistros de pertenza e, tampouco existen probas, na época, de que fose coñecida propiamente como unha "Academia Platónica".Hankins (1991), p. 430

Segundo algúns relatos, o grupo continuou reuníndose, despois da morte de Ficino en 1499, manténdose ao redor de Francesco Cattani da Diacceto. As reunións xa non tiñan lugar en Careggi, senón nos Orti Oricellari, os xardíns do Palazzo Rucellai, postos a súa disposición por Bernardo Rucellai. O grupo foi disolto en 1522 como consecuencia do complot para asasinar a Xulio de Medici. Outros relatos dan unha data anterior de 1492–1494 para a disolución do grupo, o que suxire que as reunións dos Orti Oricellari non estaban directamente relacionadas, aínda que moitas das mesmas persoas participaron nelas.Gilbert (1949), p. 20 miniatura|Pico della Mirandola, o máis novo dos integrantes.

Integrantes Arnaldo della Torre identificou a unhas cen persoas como participantes do grupo, entre elas:Della Torre (1902), p. 27

Marsilio Ficino: Tradutor das obras completas de Platón e doutros eruditos gregos.

Pletón: de orixe bizantina, foi mestre de Cosme de Médicis e do resto dos participantes, e planificador da Academia. Cosme de Medici: O gran mecenas florentino, fundador da Academia. Alessandro Braccesi. Angelo Poliziano, humanista, profesor e poeta renacentista italiano. Benedetto Varchi: Humanista e historiador, autor da Storia fioretina. Lourenzo de Medici, neto do mecenas fundador, herdou a súa afección pola cultura e o mecenado.

Entre os que Ficino declarou especificamente que nunca estiveran entre os seus auditores («oíntes») están Benedetto Accolti, Leon Battista Alberti (o grandioso arquitecto renacentista), Cristoforo Landino (o máis vello do grupo, profesor universitario de retórica; foi o tradutor de Plinio o Vello), Angelo Poliziano (humanista, profesor e poeta renacentista italiano), Pierleone da Spoleto e Pico della Mirandola, era o máis novo do grupo, filósofo e teólogo, falaba a maior parte das linguas coñecidas.

Relevancia Estas reunións de amigos como as organizadas por Ficino en Florencia, ou Pomponio Laeto en Roma, ou Pontano en Nápoles e a correspondencia epistolar e as relacións con outros persoeiros como Erasmo de Rotterdam serviron para dar un sentido de unidade ao humanismoHale (2016), p. 298 que estaba a xermolar.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Humanismo Renacemento Neoplatonismo

Categoría:Renacemento Categoría:Wikipedia:Páxinas que conteñen ligazóns a contido baixo subscrición