Rebel Moon – Part One: A Child of Fire, ou simplemente Rebel Moon é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Zack Snyder a partir dun guión que el mesmo escribiu con Kurt Johnstad e Shay Hatten. Baséase nunha historia orixinal de Snyder. Está protagonizado por Sofia Boutella, Djimon Hounsou, Ed Skrein, Michiel Huisman, Doona Bae, Ray Fisher, Charlie Hunnam e Anthony Hopkins. O filme está ambientado nunha galaxia ficticia gobernada polo imperialista Motherworld, cuxo exército, o Imperium, ameaza unha colonia agrícola na lúa de Veldt. Kora, unha antiga soldado do Imperio, embárcase nunha misión para recrutar guerreiros de toda a galaxia para defenderse contra o Imperio antes de que regresen a Veldt.

Logo dunha estrea limitada nos cinemas dos Estados Unidos, Rebel Moon estreouse en Netflix o 22 de decembro de 2023, onde conta con opción de subtitulado en galego.

Personaxes

Sofia Boutella como Kora/Arthelais Djimon Hounsou como Titus Ed Skrein como Atticus Noble Michiel Huisman como Gunnar Doona Bae como Nemesis Ray Fisher como Darrian Bloodaxe Charlie Hunnam como Kai Anthony Hopkins como a voz de Jimmy Dustin Ceithamer como dobre de corpo de Jimmy Staz Nair como Tarak Fra Fee como Balisarius Cleopatra Coleman como Devra Bloodaxe Stuart Martin como Den Ingvar Sigurdsson como Hagen Alfonso Herrera como Cassius Cary Elwes como o rei Rhian Rees como a raíña E. Duffy como Millius Jena Malone como Harmada Sky Yang como Aris Charlotte Maggi como Sam Corey Stoll como Sindri Stella Grace Fitzgerald como Princess Issa Greg Kriek como Marcus Brandon Auret como Faunus Ray Porter como Hickman Tony Amendola como rei Levitica Dominic Burgess como Dash Thif Derek Mears como Simeon Sisse Marie como Astrid

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Zack Snyder Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego