Mary Margaret O'Reilly, nada en Springfield, Massachusetts, o 14 de outubro de 1865 e finada na cidade de Washington o 6 de decembro de 1949, foi unha alta funcionaria estadounidense que ocupou o cargo de subdirectora da Casa da Moeda dos Estados Unidos desde 1924 ata 1938. Durante eses 34 anos tivo que exercer con frecuencia como directora en funcións da institución.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Mary Margaret O'Reilly naceu en Springfield, Massachusetts,"Miss Mary O'Reilly, U.S. Mint Ex-Aide, 84". En The New York Times. 6 de decembro de 1949. Páxina 31. o 14 de outubro de 1865, unha dos cinco fillos de James A. e de Joanna O'Reilly, unha familia de inmigrantes irlandeses.Burdette, R. W. (2014). Páxina 23.
A familia viviu en Springfield e na vila próxima de Chicopee, no estado de Massachusetts, onde o seu pai era comerciante por xunto de licores. Logo do falecemento deste en 1873 por mor dunha grave doenza, a familia comezou a ter non só os evidentes problemas económicos, pola falla de ingresos, senón tamén legais, xa que Austin O'Reilly,Malia a coincidencia do apelido, descoñécese se tiña vinculación familiar. Véxase Burdette, R. W. (2014). Páxina 23. empregado do negocio de O'Reilly, logo do seu pechamento, intentou liquidar a herdanza vendendo o alcohol restante, malia carecer da licenza para o facer. Joanna O'Reilly negou ter coñecemento dos asuntos do negocio. A condena de Austin por transportar licor sen licenza foi confirmada polo Tribunal Supremo de Massachusetts."Commonwealth v. Austin O'Reilly". En Massachusetts Reports 116: Cases argued and determined in the Supreme Judicial Court of Massachusetts. September 1874 - January 1875. Boston, 1884. Páxina 15.
Mary Margaret O'Reilly deixou a escola despois do noveno curso, aos 14 anos ou pouco despois, xa que cumpría a súa axuda para manter a familia. Probablemente traballase para unha das fábricas téxtiles locais e asistiu á escola nocturna para se formar como oficinista e taquígrafa. De 1885 a 1903 traballou como oficinista, mentres vivía en Worcester cun irmán nunha pensión propiedade da súa nai.
Carreira na Casa da Moeda dos Estados Unidos (1904-1938)
Ingreso e responsabilidades miniatura|George E. Roberts, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos cando ingresou O'Reilly en 1904."George E. Roberts". En The World's Work. Vol. XLIV. Nº 3. Xullo de 1922. Páxina 230.
O'Reilly foi contratada na sede central de Washington da Casa da Moeda dos Estados Unidos como empregada temporal de clase D en 1904, cando tiña 38 anos, máis que a maioría dos novos empregados. O daquela director da Casa da Moeda, George E. Roberts, ficou impresionado pola súa experiencia comercial e pola súa competencia. Aínda que ao principio só tiña un status de temporal, en 1905 pasou a empregada permanente e pouco despois, ese mesmo ano, foi ascendida de novo, desta volta a oficinista de Clase I, xa cun salario de 1.200 dólares. Cando Margaret Kelly foi nomeada examinadora da Casa da Moeda en 1911, a ondada de ascensos que seguiu incluíu a O'Reilly, que pasou a ser axustadora de contas.Burdette, R. W. (2014). Páxina 24. Segundo Teva J. Scheer, biógrafa de Nellie Tayloe Ross —a derradeira directora da Casa da Moeda antes da xubilación de O'Reilly—:Scheer, T. J. (2005). Páxina 183.
Durante a década de 1910 O'Reilly seguiu acadando ascensos; desempeñou tanto o cargo de examinadora como o de ordenadora de lingotes. Con frecuencia foi chamada a declarar ante o Congreso dos Estados Unidos. En 1915, Robert W. Woolley foi nomeado director da Casa da Moeda, probablemente o favorito de O'Reilly entre os que ocuparon ese cargo durante o seu terzo de século nesa institución. Ela adoitaba concluír os seus informes con bos desexos persoais, e Woolley correspondíalle. Logo da dimisión de Woolley en agosto de 1916, O'Reilly exerceu como directora en funcións durante parte do tempo ata que o sucesor de Woolley, Friedrich Johannes Hugo von Engelken, tomou posesión do cargo o mes seguinte, aínda que o axustador da Casa da Moeda, Fred H. Chafflin, tamén ocupou o cargo en funcións durante gran parte dese período.Burdette, R. W. (2005). Páxina 56-58.
A maioría dos directores da US Mint de principios do século XX eran nomeamentos políticos, sen experiencia previa no labor.Scheer, T. J. (2005). Páxina 182. Von Engelken, durante o seu mandato de seis meses como director entre 1916 e 1917, deixou case toda a supervisión das cecas e das oficinas de ensaio nas mans de O'Reilly. A Casa da Moeda eliminou a produción de moedas con acabamento proof, moi populares entre os coleccionistas, en 1916. Aínda que a suxestión de que a US Mint eliminase estas emisións especiais, coas que estaba a perder diñeiro, partira do superintendente da Ceca de Filadelfia, Adam M. Joyce, e foi aprobada por von Engelken, foi O'Reilly a que asinou moitas das cartas dirixidas aos numismáticos, polo que acabou sendo ela a culpada deste polémico cambio de política.Burdette, R. W. (2014). Páxina 25.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 165-167.
Cando von Engelken dimitiu en febreiro de 1917, o seu sucesor na dirección foi Raymond T. Baker. En decembro de 1921 estoupou unha crise de relacións públicas en torno ao deseño do novo dólar da Paz, entanto que o daquela director Baker realizaba unha viaxe de tres días en tren pola costa oeste. Anthony de Francisci, deseñador da moeda, incluíra unha espada rota no reverso, o que pretendía ser un signo da fin da primeira guerra mundial, pero que moitos interpretaron como un símbolo de deshonra. O'Reilly decatouse de que cumpriría eliminar a espada e dirixiuse ao subsecretario do Tesouro, Seymour Parker Gilbert, quen, en condición de secretario en funcións, aprobou un deseño revisado. O gravador xefe da Casa da Moeda, George T. Morgan, retirou habilmente a espada dos cuños da moeda xa preparados, mesmo antes de que Baker enviase por cable a súa aprobación formal do deseño revisado, que non puidera ver.Burdette, R. W. (2005). Páxinas 35, 208-214.
Ascenso á subdirección miniatura|Raymond Baker, director da US Mint (1917-1922), partidario do nomeamento de O'Reilly como subdirectora."Baker, Ray". Library of the Congress (LOC.gov). O director Baker prevía que as mulleres ocuparían cargos cada vez máis altos na Administración. Baker deulle a O'Reilly un papel máis público; cada ano, el comparecía ante o Congreso para defender as solicitudes de créditos da US Mint, e O'Reilly sentaba detrás del nestas comparecencias. En 1920 e 1921, Baker intentou que o Congreso designase formalmente a O'Reilly —que daquela tiña o cargo de secretaria executiva— como subdirectora ou directora adxunta, aínda que sen éxito. Logo da toma de posesión do Goberno do presidente Warren G. Harding, Baker foi substituído en 1922 por Frank E. Scobey, un dos membros da "cuadrillade Ohio" de Harding. O novo director tiña pouco interese nos asuntos da Casa da Moeda, e O'Reilly non só pasou a supervisar as operacións da entidade, senón que foi a testemuña principal ante o Congreso en 1922, para defender tanto a solicitude de créditos como a continua campaña para que fose designada como subdirectora. Desa volta, o Congreso amosouse máis favorable e Reilly acadou formalmente ese cargo a partir de 1924.Burdette, R. W. (2014). Páxinas 24-28.
A xa subdirectora O'Reilly dirixiu a maioría das operacións da Casa da Moeda no período de Scobey e do seu sucesor na dirección, Robert J. Grant.Burdette, R. W. (2014). Páxinas 28, 30.
Aínda que a US Mint estaba moi ocupada na florecente economía da década de 1920, o historiador numismático Roger Burdette sinala que había fallos nas operacións; por exemplo, os traballadores da Ceca de Filadelfia, no canto de separaren as moedas de ouro de cada lote entregado para seren inspeccionadas e probadas pola Comisión de Ensaios dos Estados Unidos na súa xuntanza anual, collían todos os espécimes para o ensaio dunha única bolsa que xa reservaban a principios do ano, o que aumentaba a probabilidade de que as moedas que non cumprisen os estándares pasasen desapercibidas.Burdette, R. W. (2014). Páxina 30. A Comisión de Ensaios tamén detectara que algunhas moedas dun cuarto de dólar de 1920 producidas na Ceca de Denver estaban cuñadas con prata demasiado pura, algo que a propia ceca pasara por alto nas súas comprobacións internas.Mellon, A. W. (1922). Páxina 631.
O'Reilly vixiou de preto as operacións de cuñaxe e en novembro de 1931 advertiu á Ceca de San Francisco de que producira menos de 200.000 moedas de cinco centavos, unha cantidade que, de manterse, tería provocado o acaparamento da emisión por parte dos coleccionistas. Como consecuencia, ordenou ao superintendente desa ceca que non cuñase máis que moedas de cinco centavos durante o resto do ano, o que deu como resultado unha produción total en 1931 de 1.200.000 exemplares coa marca de ceca S, que mesmo así é a segunda máis baixa por data e marca de ceca da serie de moedas de cinco centavos Buffalo.Yeoman, R. S. (2014). Páxinas 133-134.
Administración de Roosevelt e retiro miniatura|A directora da US Mint Nellie Tayloe Ross."Gov. Nellie T. Ross". Library of the Congress (LOC.gov). Cando a administración demócrata de Roosevelt tomou posesión en 1933, O'Reilly exercía como directora en funcións, logo da dimisión de Grant.Greenbaum, G. M. (2013). Páxcina 45. O presidente Franklin D. Roosevelt nomeou como nova directora da Casa da Moeda a ex gobernadora de Wyoming Nellie Tayloe Ross, a primeira muller que ocupaba ese cargo. Naquel momento, O'Reilly tiña 67 anos e amosábase como unha muller miúda e con aspecto dunha avoa, que alcumaban como "a noiva do Tesouro", unha aparencia que agochaba a súa forza mental e a súa determinación. O secretario persoal de Ross, Edness Wilkins, describiu a subdirectora da Casa da Moeda como "implacable"."Sweetheart Of The Treasury". En The New York Times. 7 de novembro de 1938.
Ross e O'Reilly tiñan reticencias mutuas que superar. Ross, que pouco antes mantivera malas relacións con Eleanor Roosevelt e outros membros da campaña de Roosevelt, non confiaba no persoal de carreira. Pola súa banda, O'Reilly vía entrar outro político sen experiencia na dirección da Casa da Moeda en substitución de Grant, que fora superintendente da Ceca de Denver antes de ser director. Así e todo, ambas as mulleres chegaron a apreciar os seus méritos reciprocamente.
Un dos problemas aos que tivo que se enfrontar a Casa da Moeda en 1933 e 1934 foi a devolución da maioría das moedas de ouro. Cando o Departamento do Tesouro promulgou a normativa que permitía entregar esas moedas nas sucursais do Banco da Reserva Federal, O'Reilly enviou un informe coa súa sinatura como directora en funcións, no que sinalaba que o banco non dispuña de instalacións para aceptar ouro que non fose en forma de lingotes cun selo do Goberno.Burdette, R. W. (2014). Páxinas 30-31. Naquela época, a Casa da Moeda dos Estados Unidos era unha das ramas de menor rango do Departamento do Tesouro, moito menos valorada que o Servizo Secreto e outras axencias relacionadas co cumprimento da lei que dependían do secretario do Tesouro.Scheer, T. J. (2005). Páxinas 178-179. O investigador Burdette sinala que as regulacións sobre o ouro amosaban unha falta de coñecementos básicos sobre a Casa da Moeda, tanto por parte dos altos funcionarios nomeados por Roosevelt como por parte dos que se mantiñan desde a administración de Herbert Hoover.
miniatura|Mary Margaret O'Reilly e C.M. Hester, conselleiro xeral adxunto do Tesouro, comparecen no Congreso en agosto de 1935."Testifying before the House Coinage Committee [...]". Library of the Congress (LOC.gov).|301x301px