Dolores Torrano Vicente, coñecida como Lola Rontano, nada en Comala (Molina de Segura, Murcia) en 1977, é unha activista medioambiental, viaxeira, profesora de francés e escritora residente en Galicia.
Traxectoria Chegou a Galicia para axudar durante a crise do Prestige e xa quedou. É profesora de francés no instituto Maximino Romero de Lema de Baio (Zas).
Ten colaborado en fanzines, blogs, revistas e xornais dixitais. Tamén en El Diario.es e Luzes onde publicou "Diario negro dunha marea". Formou parte de Contramínate, colectivo oposto a mina de Corcoesto.
Obra Galego
Esperta do teu sono (2024). Vigo: Xerais. 480 páxs. ISBN 978-84-1110-460-9. ePub: ISBN 978-84-1110-460-9. Novela. Castelán Austroatlántica, la Argentina que Dios quiere (2019). Deputación provincial da Coruña. 280 páxs. ISBN 978-84-9812-354-8. Libros colectivos Antología de poesía erótica (2015). Instituto Iberoamericano de Estudos Atlánticos. Premios 2018: Premio Torrente Ballester en castelán por Austroatlántica, la Argentina que Dios quiere (como Dolores Torrano Vicente).
2014: XXV premio de narrativa Camilo José Cela polo relato «Las Ubres de la Noche» (como Dolores Torrano Vicente). Notas
Categoría:Nados na Rexión de Murcia Categoría:Nados en 1977 Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá