Bos presaxios (en ) é unha serie de televisión británica creada por Neil Gaiman e baseada na novela de 1990 de Terry Pratchett Good Omens. É unha coprodución entre Amazon MGM Studios e BBC Studios, e dirixiuna Douglas Mackinnon, con Gaiman como produtor. Michael Sheen e David Tennant lideran un elenco composto por Jon Hamm, Miranda Richardson, Michael McKean, Derek Jacobi, Brian Cox, Benedict Cumberbatch e Frances McDormand como a voz de Deus, que narra a serie.

Do mesmo xeito que a novela, Bos presaxios presenta varios temas e figuras do cristianismo e segue a varios personaxes que intentan alentar ou evitar un Armagedón inminente, visto a través dos ollos do anxo Aziraphale e o demo Crowley.

Tódolos episodios da primeira tempada foron estreados en Amazon Prime Video o 31 de maio de 2019, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión con versión galega