Súper 4 é unha serie de animación creada en 2014, co gallo do 40 aniversario dos xoguetes de Playmobil. Presenta unha banda de heroes que protexen os habitantes dos mundos de Kingsland, Enchanted Island e City of Technopolis contra calamidades e inimigos. A serie está coproducida por Method Animation e Morgen Studios, coa participación de France TélévisionsPGS Secures Raft of Global Sales for Playmobil Series 'SUPER 4' publicado o 15 de xullo de 2014 por Jennifer Wolfe de Animation World Network e Cartoon Network Italia (tempada 1), en asociación con Turner Broadcasting System Italy (tempada 1) e SOFITVCINE 3 (tempada 2), con animación proporcionada por Vision Globale (tempada 1) e DQ Entertainment (tempada 2).

Estreouse en galego o 13 de xaneiro de 2024 no Xabarín Club a través da tvG2. Foi traducida por Rosa Moledo e a dirección da dobraxe é obra de Charo Pena.

Notas

Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión de Francia Categoría:Series de televisión de Alemaña Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2018 Categoría:Series de televisión con versión galega