Medio dólar do tricentenariohugonote-valón"½ Dollar Huguenot-Walloon Tercentenary". Numista.com"Huguenot-Walloon Tercentenary Half Dollar". United States Mint (USMint.gov)."1924 Huguenot Walloon Tercentenary Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com150x150px150x150pxA/: Bustos acaroados do almirante Coligny e Guillerme I de Orange-Nassau. Lendas: UNITED · STATES · OF · AMERICA / IN GOD WE TRUST / COLIGNY · WILLIAM · THE · SILENT / HUGUENOT · HALF · DOLLARR/: O veleiro Nieuw Netherlandt navegando no río Hudson. Lendas: HUGUENOT-WALLON · TERCENTENARY / 1624 1924 / FOUNDING · OF · NEW-NETHERLAND Data: 1924. Ceca: Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: George T. Morgan. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 142.080 exemplares Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,00 mm. Canto: estriado.

O medio dólar do tricentenario hugonote-valón é unha moeda de prata dese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia en 1924, en conmemoración do 300º aniversario da viaxe do buque Nieuw Nederlandt, que chegou á zona do actual Nova York en 1624. Moitos dos pasaxeiros eran hugonotes franceses e cidadáns valóns, e convertéronse nos primeiros colonos do actual estado de Nova York e os seus arredores.

Unha comisión dirixida polo Consello Federal de Igrexas de América solicitou a emisión dunha moeda de medio dólar conmemorativas dese aniversario, coa intención de comercializala logo por un dólar e obter así uns ingresos que se destinarían aos actos conmemorativos. O proxecto de lei foi aprobado polo Congreso sen oposición en 1923 e foi asinado polo presidente Warren G. Harding. O presidente desa comisión, o reverendo John Baer Stoudt, preparou os esbozos, que foron transformados en modelos de xeso polo gravador xefe da Casa da Moeda, George T. Morgan. Os modelos foron rexeitados inicialmente pola Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, que exixiu revisións baixo a supervisión James Earle Fraser, afamado deseñador da moeda de 5 centavos Buffalo.

Das 300.000 moedas autorizadas polo Congreso, cuñáronse menos da metade, e destas a comisión acabou devolvendo 55.000 á casa da moeda, ao non ser quen de vendelas, e foron postas en circulación. A moeda suscitou certa controversia por mor do seu patrocinio por parte dun grupo relixioso. Tamén se cuestionou a elección de Guillerme o Silencioso e de Gaspard de Coligny para figurar no anverso, xa que os hugonotes os consideraban mártires e morreran décadas antes da viaxe do Nieuw Nederlandt.

Antecedentes Os hugonotes eran protestantes franceses que adoito entraban en conflito coa maioría católica. Moitos hugonotes fuxiron de Francia nos séculos XVI e XVII, cando houbo unha intensa persecución contra eles, sobre todo no masacre do día de San Bartolomeu de 1572. Entre os que caeron no baño de sangue daquel día achábase o líder militar e político hugonote, o almirante Gaspard de Coligny.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 59.

Moitos hugonotes que fuxiron de Francia establecéronse nos Países Baixos. Guillerme o Silencioso foi un dos líderes da revolta holandesa contra España, e foi asasinado en 1584 por Balthasar Gérard, un fanático proespañol. Na actual Bélxica había valóns protestantes. Algúns hugonotes e valóns fóronse a outros lugares: o 29 de marzo de 1624, o barco Nieuw Nederlandt partiu cara aos Novos Países Baixos —as posesións holandesas centradas no que posteriormente foi o estado de Nova York—, e seguírono máis barcos. Representaban unha gran proporción dos primeiros colonos da zona. En 1626, Peter Minuit, director xeral da Compañía Holandesa das Indias Occidentais, comproulles aos nativos americanos a illa de Manhattan por uns 60 floríns.Flynn, K. (2008). Páxina 103.miniatura|Retrato de John Baer Stoudt, secretario da Comisión Hugonote-Valoa dos Novos Países Baixos.Froendt, A. H. (1924). The Huguenot-Walloon Tercentenary. Huguenot-Walloon New Netherland Commission. Páxina 17.A Comisión Hugonote-Valoa dos Novos Países Baixos estableceuse en 1922 baixo os auspicios do Consello Federal de Igrexas de Cristo en América, coas vistas postas no aniversario que se aproximaba. O presidente dos Estados Unidos, Warren G. Harding, e o rei Alberte I de Bélxica aceptaron a presidencia honoraria da comisión,USHRCCWM (1923). Páxinas 6-7. en tanto que o seu presidente efectivo era o reverendo Dr. John Baer Stoudt, que planificou unha conmemoración do tricentenario da viaxe do Nieuw Nederlandt, e procurou a emisión de selos e moedas conmemorativas.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxinas 105-106.

Naquela época, as moedas conmemorativas non eran comercializadas polo Goberno, senón que o Congreso, ao aprobar a lei que autorizaba as emisións, designaba unha entidade á que lle outorgaba o dereito exclusivo de comprar as moedas ao seu valor nominal e vendelas logo ao público cunha prima, para así se financiar.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.

Proceso lexislativo O 15 de xaneiro de 1923, o congresista de Pensilvania Fred Gernerd, de ascendencia hugonote, presentou na Cámara de Representantes un proxecto de lei para a cuñaxe do medio dólar hugonote."Public bills, resolutions, and memorials". En Cogressional Record - House. 15 de xaneiro de 1923. Páxina 1.777. O 7 de febreiro tivo lugar unha comparecencia ante a Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da Cámara, presidida polo representante republicano de Indiana Albert Henry Vestal. O congresista Gernerd explicou á comisión que en 1924 estaba previsto realizar celebracións locais para conmemorar o tricentenario da viaxe dos hugonotes nas cidades onde vivían persoas desa ascendencia. Gernerd explicou que, aínda que a venda das moedas de medio dólar serviría para recadar fondos, o seu obxectivo primordial non era ese, senón máis ben constituír un símbolo da efeméride. Tamén lle lembrou á comisión que no 300 aniversario da viaxe do Mayflower se emitira igualmente unha moeda de medio dólar conmemorativa —o medio dólar do Tricentenario dos Peregrinos—.USHRCCWM (1923). Páxinas 1-4.

O presidente da comisión, Vestal, declarou que non podía apoiar o proxecto de lei tal e como se presentara, porque non designaba quen debía encargar as moedas, pero Gernerd indicou que o Fifth National Bank de Nova York aceptara facer ese labor. O reverendo Stoudt compareceu ante a comisión e explicou que a súa comisión planeara un deseño coa chegada do Nieuw Nederlandt nunha das faces, e na outra unha escena de Peter Minuit comprándolles Manhattan aos nativos americanos. O congresista de Nova Jersey Ernest R. Ackerman dirixiuse brevemente á comisión no seu apoio, sinalando que era moi probable que as moedas acabasen gardándose como recordo, en beneficio do Goberno. Wells Goodykoontz, de Virxinia Occidental, tamén falou a favor. Os testemuños, todos eles proclives á aprobación do proxecto de lei, concluíron con varios pastores locais, encabezados por E. O. Watson, secretario do Consello Federal de Igrexas.USHRCCWM (1923). Páxinas 4-7. O 10 de febreiro de 1923, Vestal emitiu un informe no que recomendaba a aprobación do proxecto de lei, cunha emenda que engadía o banco como organización depositaria."Reports of committees on public bills and resolutions". En Cogressional Record - House. 10 de febreiro de 1923. Páxina 3.444.

O 29 de xaneiro de 1923, David A. Reed, de Pensilvania, presentou un proxecto de lei paralelo no Senado, que foi remitido á Comisión de Banca e Moeda."Bills introduced". En Cogressional Record - Senate. 2 de febreiro de 1923. Páxina 2.897. O 9 de febreiro, George Pepper, tamén de Pensilvania, informou favorablemente e o Senado aprobou o proxecto sen obxeccións."Coinage of commemorative 50-cent pieces". En Cogressional Record - Senate. 9 de febreiro de 1923. Páxina 3.295. O día seguinte, a Cámara de Representantes recibiu o texto aprobado polo Senado e remitiullo á comisión de Vestal."Senate bills referred". En Cogressional Record - Senate. 10 de febreiro de 1923. Páxina 3.416. O 19 de febreiro, a Cámara de Representantes considerou o seu proxecto de lei no calendario de consentimento unánime. Gernerd pediu que o proxecto aprobado polo Senado substituíse o da Cámara de Representantes —ambos eran idénticos— e, cando se aceptou, propuxo unha emenda para engadir o banco como depositario das moedas. O congresista de Texas Thomas L. Blanton fixo varias preguntas sobre o interese do banco, e amosou satisfacción cando lle dixeron que non percibiría compensación ningunha, e que o presidente Harding estaba relacionado coa comisión. O proxecto de lei emendado foi aprobado pola Cámara sen obxeccións."Autorizing the coinage of 50-cent pieces in commemoration of the three hundredth anniversary of the settling of New Netherland". En Cogressional Record - House. 19 de febreiro de 1923. Páxina 4.034. O día seguinte, o Senado aceptou a emenda da Cámara de Representantes e,"Coinage of commemorative 50-cent pieces". En Cogressional Record - Senate. 20 de febreiro de 1923. Páxina 4.061. finalmente, o proxecto foi promulgado coa sinatura de Harding o 26 de febreiro de 1923, para se converter na Lei pública 440, que autorizaba a emisión da moeda. A lei establecía unha tiraxe máxima de 300.000 exemplares do medio dólar."Huguenot-Walloon Tercentenary Commemorative Coin Legislation". United States Mint (USMint.gov).

Preparación miniatura|O gravador xefe da US Mint, George T Morgan, traballando no gravado dunha moeda. Stoudt explicou o seu concepto para a moeda e achegou uns esbozos realizados por el. No canto de procurar un deseñador privado para que producise os correspondentes modelos de xeso, a encarga do medio dólar Hugonote-Valón recaeu no daquela gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, George T. Morgan, que cumprira 78 anos en 1923. Morgan, célebre polo seu deseño do coñecido como dólar Morgan en 1878, levaba como gravador xefe desde 1917, logo de corenta anos como axudante, principalmente ás ordes de Charles E. Barber. Tanto Barber como Morgan consideraban que as moedas debían ser deseñadas polos gravadores da Casa da Moeda, e ás veces amosábanse hostís cando se contrataban escultores privados para realizar o traballo.Taxay, D. (1967). Páxinas 69-70.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 106.

Os modelos de Morgan foron entregados o 26 de outubro de 1923 á Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos,Taxay, D. (1967). Páxina 70. entidade encargada de emitir ditames consultivos sobre as moedas por unha orde executiva de 1921 do presidente Harding.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vi. O traballo de Morgan foi examinado polo membro escultor da comisión James Earle Fraser, deseñador da moeda de 5 centavos Buffalo. O 19 de novembro, o presidente do comité, Charles Moore, escribiulle ao director da Casa da Moeda, Robert J. Grant, nestes termos:

Logo dun debate, decidiuse permitir que Morgan revisase o seu modelo baixo a supervisión de Fraser. Os numismáticos Anthony Swiatek e Walter Breen sinalaron, a este respecto: "[Isto] debe ter sido o dobre ou o triplo de humillante, xa que a inicial de Fraser adornaba daquela a moeda de 5 centavos, mentres que nin a de Barber nin a de Morgan estaban en ningunha moeda de emisión regular en produción".

O 3 de xaneiro de 1924, Fraser escribiulle a Moore e comentoulle que os novos modelos se melloraran considerablemente, e queixouse de que Vestal aconsellara á Comisión Hogonote-Valoa que os modelos se fixesen na Casa da Moeda, xa que os seus funcionarios lle dixeran que os artistas privados facían modelos nun relevo demasiado alto para seren cuñados doadamente. "Paréceme perfectamente repugnante que esta crítica inane e mentireira continúe constantemente", dixo. A Comisión de Belas Artes aprobou finalmente os deseños revisados.

Deseño miniatura|O selo conmemorativo dun centavo emitido en 1924 polo Servizo Postal dos Estados Unidos presenta un deseño similar ao do reverso do medio dólar.