Erasto Bartholomeo Mpemba nado en 1950 e finado en 2023Fontes conflitivas: segundo TRT Afrika morreu o 14 de maio de 2023, aos 73 anos; segundo a súa viúva, morreu ao redor de 2020. foi un conservacionista da fauna e garda de caza de Tanzania que, cando era un escolar de secundaria, descubriu o efecto Mpemba, un fenómeno paradoxal no que a auga quente se conxela máis rápido que a fría en determinadas condicións; este efecto fora observado anteriormente por Aristóteles, Francis Bacon e René Descartes.
Traxectoria Erasto B. descubriu o fenómeno epónimo no instituto Magamba en 1963 mentres preparaba xeados para gañar uns cartos. Por falta de tempo, saltouse a fase de arrefriamento á hora de preparar o xeado e inmediatamente meteuno no conxelador; inesperadamente, a súa mestura de leite conxelouse máis rápido que a dos seus compañeiros. O seu profesor de física daquela díxolle que a súa observación claramente era imposíbel. Uns anos máis tarde, o xefe da escola de Mpemba invitou ao físico británico Denis Osborne (1932-2014) da Universidade de Dar es Salaam a dar unha conferencia sobre o seu traballo. Ao remate da presentación, Mpemba formulou a pregunta que tanto tempo lle molestaba: “Se colles dous vasos de auga con volumes iguais de auga, un a 35°C e outro a case 100°C, e os metes nun frigorífico, o que comezou a case 100 °C conxélase primeiro. Por que?" Os profesores e compañeiros presentes pensaron que a afirmación era absurda e mofáronse de Mpemba pola pregunta. Osborne tamén ficou sorprendido, pero máis tarde puido demostrar experimentalmente as observacións de Mpemba. En 1969, durante os estudos de Mpemba no College of African Wildlife Management preto de Moshi, publicouse un artigo que el e Osborne escribiran sobre o fenómeno.
Máis tarde, Mpemba estudou na Universidade de Camberra, Australia e en Texas, nos Estados Unidos e converteuse en nun alto cargo do Ministerio de Recursos Naturais e Turismo de Tanzania e membro do grupo de traballo da Comisión Africana de Silvicultura e Vida Silvestre sobre a xestión da vida salvaxe e das áreas protexidas arredor de 2002.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Efeito Mpemba (absolutamente.net, en portugués) Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Tanzania