Paradise é un filme alemán de 2023 escrito por Simon Amberger, Peter Kocyla e Boris Kunz e dirixido por Boris Kunz. Está protagonizado por Kostja Ullmann, Corinna Kirchhoff e Marlene Tanczik. Estreouse en Netflix o 27 de xullo de 2023. Rodouse entre o 22 de marzo e o 12 de xuño de 2022 durante 53 días en Palanga, Klaipeda, Kaunas, Vilnius e Berlín.

Sinopse A empresa biotecnolóxica AEON converteuse nunha corporación multimillonaria baixo o liderado da súa fundadora, Sophie Theissen. A empresa transfire anos de vida dos mozos aos ricos. Unha muller vese obrigada a renunciar a 40 anos da súa vida como pago dunha débeda de seguro, xunto co seu home buscan desesperadamente a forma de recuperalos.

Elenco

Kostja Ullmann como Max Toma Corinna Kirchhoff como Elena Toma (anciá) Marlene Tanczik como Elena Toma (nova) Iris Berben como Sophie Theissen (anciá) Alina Levshin como Sophie Theissen (nova) Lisa-Marie Koroll como Marie Theissen Lorna Ishema como Kaya Numan Acar como Nowak Lisa Loven Kongsli como Lilith Tom Böttcher como Nils Alida Bohnen como Erika Haley Louise Jones como Luna Ackermann Andreas Windhuis como Stefan Neumann Cornelia Heyse como Marion Neumann Matthias Ziesing como Sr. Steiner Eglė Lekstutytė como Sra. Steiner Lucas Lynggaard Tønnesen como Dr. Berg Lukas Alexander von Horbatschewsky como Denys Bondar

Notas

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes rodados en Lituania Categoría:Filmes rodados en Berlín