Javier Rodríguez Lancho, nado en Madrid o 8 de abril de 2002, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Real Madrid, na que ingresou aos 11 anos. Nos seus inicios xogaba nunha faceta ofensiva e foi subindo polas diferentes categorías do club superando o cento de goles, antes de ser reconvertido ao lateral esquerdo. En febreiro de 2021 deixou o seu Madrid natal e fichou polo equipo xuvenil do Espanyol. Na seguinte tempada subiu xa ao Espanyol B, co que xogou durante dous anos na Segunda División RFEF.

Despois de dous anos e medio en Barcelona, no verán de 2023 instalouse no Bierzo, onde asinou como novo xogador da Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 2002 Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores da SD Ponferradina