Santiago Tarrío Ben, nado en Touro o 21 de novembro de 1990, é un golfista galego que actualmente compite no Challenge Tour, no que conseguiu dúas vitorias.
Traxectoria Comezou a xogar ao golf aos 7 anos no Club de Golf Val de Rois, por influencia de seu pai, golfista profesional, e aos 17 decidiu facerse el tamén profesional. Comezou a competir internacionalmente en 2016. Anteriormente participara en España en dous eventos do Alps Tour de 2015, sen conseguir pasar o corto. Con todo, acabou cuarto cuarto na Escola de Cualificación do Alps Tour a finais de 2015, conseguindo un posto regular na edición de 2016. Foi subcampión do Alps Costa do Sol de 72 buratos, a tres golpes de Tom Shadbolt, e rematou a tempada 26º na Orde do Mérito. Na Orde do Mérito de 2017 foi 19º, rematando un golpe detrás de James Sharp no Cervino Open. Ademais gañou tres eventos en 2016 e 2017 no Gambito Tour nacional.
O 2018 foi un ano de grandes progresos para o xogador galego, que gañou dúas probas do Alps Tour, o Open de Gösser e o Open Internacional da Mirabelle d'Or de 72 buratos. Ademais acabou dúas veces segundo e liderou a Orde do Mérito, conseguindo un posto no Challenge Tour de 2019.
O seu mellor resultado no Challenge Tour de 2019 foi un empate no 4º posto no Open da Bretaña e acabou a tempada no posto 63º da Orde do Mérito. No Challenge Tour de 2020, limitado pola pandemia de COVID-19, Tarrío obtivo un cuarto posto no Dimension Data Pro-Am en Suráfrica e o segundo posto na Gran Final do Challenge Tour, finalizando a tempada sétimo na Orde do Mérito.
Conquistou o seu primeiro evento do Challenge Tour en xuño de 2021, gañando un playoff a tres para o D+D Real Czech Challenge. A semana seguinte foi terceiro no Challenge de Cádiz e conseguiu a súa segunda vitoria unha semana despois no Challenge de España. En agosto de 2021 terminou terceiro en solitario no Hero Open, un evento do PGA European Tour, despois de facer dous birdies en dous dos tres últimos buratos.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Touro Categoría:Golfistas de Galicia