Albizia guachapele é unha especie de árbore da familia das fabáceas ou leguminosae.
Taxonomía Sinonimia Acacia guachapele Kunth Albizia longepedata (Pittier) Britton & Rose ex Record Lysiloma guachapele (Kunth) Benth. Pithecellobium guachapele (Kunth) J.F. Macbr. Pithecellobium guachapele (Kunth) R.S. Cowan Pithecellobium longepedatum Pittier Pithecellobium samaningua (Pittier) J.F. Macbr. Pseudosamanea guachapele (Kunth) Harms Samanea samaningua Pittier
Descrición É unha árbore con ramificación dicotómica, aparasolada. Fuste até a primeira rama 5 ou máis m. Ritidoma de cor esbrancuxada carmelita, escamento, que se desprende en forma de placas ou láminas. Follas paripinnadas, bipinnadas; raque de 17 cm. l., con 5-6 pares de raquillas opostas ou alternas, de 10 cm.l.; folíolos en número de 7 pares, oblongos, asimétricos, os dous terminais espatulados, verde claros, de 4 cm. l. x 1,5 de ancho. Flores filamentosas, branco amareladas. Froito, vaíña aplanada, apiculada, duns 15 l. x 2,7 cm de ancho.
Distribución e hábitat Está presente en en Colombia, Bolivia, Ecuador, Panamá, Nicaragua e Honduras.
A madeira de fibra dura e trabada é especial para usos que demanden gran resistencia, como travesas de ferrocarril, píos, portas de golpe, currais para gando, construcións, postes, carrozarías; tamén para ebanistería e carpintaría en xeral; resiste o ataque dos térmites e a couza.
As súas follas utilízanse normalmente para forraxe de gando de alta calidade cun 24% de proteína.
Notas
Categoría:Albizia