Sigillaria é un xénero extinto de licófitas arborescentes que se reproducían por esporas, coñecidas desde o Carbonífero e o Permiano. Está relacionado co xénero máis famoso Lepidodendron, e máis distantemente cos modernos Isoetes.
Rexistro fósil
Este xénero coñécese polo rexistro fósil desde o Devoniano medio ou o Carbonífero tardío, Hans' Paleobotany Pages - The clubmoss tree Sigillaria pero diminuíu ata extinguirse a inicios do Permiano (o seu rango de idades vai desde hai 383,7 a 254,0 millóns de anos).Encyclopædia Britannica Atopáronse fósiles en Gran Bretaña, os Estados Unidos, o Canadá, a China, Corea, Tanzania e Zimbabwe.
Descrición miniatura|150px|esquerda|Representación artística dunha Sigillaria en vida. miniatura|Poden observarse cicatrices foliares entre as seccións verticais dunha Sigillaria, onde estaban unidas as follas. Sigillaria era unha planta de porte arbóreo que acadaba alturas de ata 30 m, e outras licópsidas podían chegar aos 50 m. Estas licópsidas tiñan un tronco alto, non ramificado ou ocasionalmente bifurcado que carecía de madeira. O sostén da planta dependía dunha capa de bases foliares estreitamente empaquetadas xusto debaixo da superficie do tronco, mentres que o centro do tronco estaba cheo dunha medula. As follas longas e parecidas a herba uníanse directamente ao tronco e crecían formando unha espiral ao longo do tronco. As bases foliares vellas expandíanse a medida que o tronco crecía en grosor, e deixaban unha cicatriz con forma de diamante, que é evidente nos fósiles. Estas cicatrices foliares estaban dispostas en ringleiras verticais. A superficie do tronco tiña tecido fotosintético, o que significa que probablemente era verde.
O tronco tiña na parte superior un plumeiro de longas follas tipo herba microfilas, así que a planta tiña o aspecto dun alto cepillo bifurcado. A planta producía esporas (non sementes) en estruturas parecidas a conos adheridas ao tronco.Sebastián González, D. and Celia Gutiérrez, M. (2014). El Bosque Petrificado de Olta: 300 millones de años después
As estruturas subterráneas das licófitas arborescentes, incluíndo Sigillaria e Lepidodendron, denomínanse Stigmaria (tratado como un taxon fósil). As licópsidas tiñan rizomas ou eixes rizomórficos parecidos a talos, con apéndices laterais unidos ás escamas circulares, formando unha rede subterránea de raiciñas ramificadas. Estas raiciñas de estigmarias ramificábanse dicotomicamente desde os rizomorfos similares a Isoetes, e espallábanse por áreas do bosque pantanoso no que se xeraba carbón onde normalmente vivían os licopodios. Identificáronse pelos radiculares que saían das raiciñas nas Stigmaria fósiles.
Sigillaria, como moitos antigos licopodios, tiña un ciclo vital relativamente curto; crecía rapidamente e acadaba a madureza en poucos anos. Pénsase que Sigillaria era monocárpico, o que significa que morría despois da reprodución, aínda que isto non está probado. Estaba asociado con Lepidodendron e outros licópsidos dos bosques que xeraron carbón do Carbonífero.
Especies Entre as especies deste xénero están:Hans' Paleobotany Pages - Species of Sigillaria miniatura|220px|Fólsil de Sigillaria trigona, exhibido no Museo Nacional (Praga) S.alveolaris Brongniart (1828) S.barbata Weiss (1887) S.bicostata Weiss (1887) S.boblayi Brongniart (1828) S.brardii Brongniart (1828) S.cancriformis Weiss (1887) S.cristata Sauveur (1848) S.cumulata Weiss (1887) S.davreuxii Brongniart (1828) S.densifolia Brongniart (1836) S.elegans Sternberg (1825) S.elongata Brongniart (1824) S.fossorum Weiss (1887) S.hexagona Brongniart (1828) S.loricata Weiss (1887) S.mammiliaris Brongniart (1824) S.menardi Brongniart (1828) S.micaudi (Zeller (1886-1888) S.monostigma Lesquereux (1866) S.orbicularis Brongniart (1828) S.ovata Sauveur (1848) S.pachyderma Brongniart (1828) S.principes Weiss (1881) S.reticulata Lesquereux (1860) S.rugosa Brongniart (1828) S.saulii Brongniart (1836) S.schotheimiana Brongniart (1836) S.scutellata Brongniart (1822) S.sillimanni Brongniart (1828) S.tesselata Brongniart (1828) S.transversalis Brongniart (1828) S.trigona Sternberg (1826) S.voltzii Brongniart (1828)
Galería
Notas
Véxase tamén Bibliografía William A. DiMichele, Richard M. Bateman: The Rhizomorphic Lycopsids: A Case-Study in Paleobotanical Classification. Systematic Botany, 1996, volume 21, páxinas 535-552. Thomas N. Taylor, Edith L. Taylor, Michael Krings: Paleobotany. The Biology and Evolution of Fossil Plants. Segunda edición, Academic Press 2009, , páxinas 303-307 J. W. Sir Dawson - On the structure and affinities of Sigillaria, Calamites and Calamodendron - 16 de agosto de 2011 Silva Pineda, A. (2003). "Flora del Pérmico de la región de Izúcar de Matamoros, Puebla". En Soto, L. A. Agustín Ayala-Castañares: universitario, impulsor de la investigación científica. UNAM. p. 371.
Ligazóns externas
Fossil Plants Vol.II The Columbia Encyclopedia
Categoría:Licófitas Categoría:Fósiles