Soil Moisture and Ocean Salinity, coñecido tamén polo seu acrónimo, SMOS, é un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 2 de novembro de 2009 mediante un foguete Rokot KM desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características A misión de SMOS é estudar a salinidade dos mares e a humidade dos solos da Terra. Tamén estuda o contido de auga da vexetación, a cobertura de neve e a estrutura do xeo. É a segunda misión Earth Explorer da ESA e o seu instrumento principal é o radiómetro MIRAS (Microwave Imaging Radiometer using Aperture Synthesis), que funciona en banda L. Os datos obtidos por SMOS permiten entender mellor o ciclo da auga na Terra e axudar a predicir mellor o tempo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Rokot KM

Ligazóns externas Web de SMOS na ESA

Categoría:Satélites artificiais