Ma Zhiyuan (chinés tradicional: 馬致遠; chinés simplificado: 马致远; pinyin: Mǎ Zhìyuǎn; Wade-Giles: Ma3 Chih4-yüan3), nome de cortesía Dongli, nado en Beijing cara ao 1250 e finado no 1321, foi un dramaturgo e poeta chinés da dinastía Yuan. Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Guan Hanqing, Bai Renfu e Zheng Guangzu.
Obra Poemas Entre os seus logros, destaca o desenvolvemento e popularización do sanqu 散曲, un tipo de poesía en chinés clásico. A súa peza máis coñecida neste xénero é Qiu si 秋思 ("Pensamentos de outono"). Este poema está composto no metro tianjinsha 天淨沙, e emprega dez imaxes con vinte e dúas sílabas. Está considerado coma o prototipo de poema melancólico outonal na literatura chinesa. Foi citado no bestseller Sahala de gushi 撒哈拉的故事 ("Historias do Sáhara", 1976), da escritora taiwanesa Sanmao.
Pensamentos de outono Sobre as vellas árbores con podres rubideiras voan corvos vespertinos; Baixo a pontiña, preto da casopa, flúe un regato; Polo antigo camiño, os ventos do oeste acompañan a un fraco cabalo. O sol ponse cara ao oeste; o desconsolado está lonxe do fogar. Os seus sanqu foron reunidos na escolma Dongli yuefu 東籬樂府 ("A poesía do valado do leste"), que contén cento catro sanqu e dezasete taoshu.
Teatro Na actualidade, consérvanse quince das súas pezas dramatúrxicas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ma Zhiyuan (La literatura china traducida en España)
Categoría:Finados en 1330 Categoría:Nados en 1270 Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Escritores da China